Todos os artigos

Nacional

10M: Conquistando o futuro para a nosa clase

Hoxe, 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, conmemórase a morte dos sindicalistas Amador Rey e Daniel Niebla en 1972, en Ferrol, a mans dunha policía ao servizo da barbarie máis brutal. O comunismo galego sabe que pouco aportan os salmos e a liturxia se non van acompañados da construción dun proxecto emancipador e patriótico. E nós, como mocidade comunista galega, pensamos que non podemos render outra homenaxe aos

LER MÁIS
Muller

8 de marzo: día da muller traballadora

Cando analizamos a Historia na súa totalidade, atopamos os feitos na súa realidade. 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Foi na Nova York do 1909, tras unha declaración do Partido Socialista dos Estados Unidos, cando as militantes estableceron o día Nacional da Muller en homenaxe á folga das traballadoras do téxtil un ano antes. O día non sería oficializado ata o 1910 na II Conferencia Internacional de Mulleres

LER MÁIS
Campañas Internacional

Como interpretar a política de Reforma e Apertura de China no 70 Aniversario do triunfo da súa Revolución Nacional Democrática?

É necesario recoñecer o atraso dos comunistas europeos na comprensión dos fenómenos sociais e políticos que acontecen na China Popular. Isto débese, na miña opinión, a varias razóns: a primeira é o baixo nivel de manexo do materialismo dialéctico por parte dos comunistas, entre outras debilidades ideolóxicas; o segundo é a división do Movemento Comunista Internacional que puxo a China fora do ángulo de visión dos partidos comunistas occidentais ao

LER MÁIS
Campañas

Unidade Popular e República: 25 de Xullo, Día da Patria.

Dende Xeira coma mocidade comunista galega e polo tanto, independentista e patriota; coidamos que é preciso reflexionar colectivamente sobre os propios significantes hexemónicos de nación e patria establecidos no imaxinario da nosa clase. Comprendemos que para avanzar posicionamentos teóricos debemos levar o 25 de Xullo “Máis Alá” facendo do día unha xornada de impugnación á ideoloxía que supere a habitual liturxia panfletaria que frecuenta a reflexión pública nesta data. Entendemos

LER MÁIS
Campañas

Unidade Popular e República: Castelao

Alguén definiu unha vez o marxismo como conxunto de ferramentas empregadas para a análise científica e posterior transformación da nosa realidade. Se tomamos como válida esta definición para a nosa praxe política, estamos aceptando tamén a teoría marxista do coñecemento tal e como a enuncia Mao Tse Tung en Sobre a práctica: a teoría debe, necesariamente, emanar dunha análise sosegada da práctica precedente, para despois poder volver a ela. E

LER MÁIS
Campañas

Unidade Popular e República: Moncho Reboiras

Moncho Reboiras naceu en Imo (Dodro) o 26 de xaneiro de 1950. Aínda moi novo, trasládase ao barrio obreiro de Teis, onde comeza a achegarse ás posturas da UPG, comezando a militar definitivamente en 1969. A entrada de Moncho Reboiras na UPG, como a de outros cadros obreiros (García Crego ou Pepiño de Teis), produciuse nun momento no que a indefinición a nivel ideolóxico e organizativo do Partido aínda era

LER MÁIS
Campañas Nacional

Lingua, Cultura e Ciencia: Ao servizo do pobo. Día das Letras Galegas 2019

Con ocasión do Día das Letras Galegas resulta acaído reflexionar acerca dunha serie de cuestións relacionadas coa lingua galega e coa cultura do noso país. Lonxe querer construír un panexírico, as consideracións que xulgamos necesarias teñen un carácter máis amplo, que non se centra exclusivamente na figura do homenaxeado, Antón Fraguas. O primeiro que cómpre ter presente cando se fala do Día das Letras Galegas é o grao de importancia

LER MÁIS
Formación Nacional

Lembrando a Benigno Álvarez

Hoxe, 11 de marzo, queremos lembrar a figura de Benigno Álvarez a 119 anos do seu nacemento e 82 do seu pasamento. Militante do PCE de Ourense e un dos primeiros en aplicar o marxismo ás caraterísticas nacionais galegas, é unha das figuras máis importantes do comunismo galego anterior á ditadura. Naquela época posterior á Asemblea Nacionalista de Lugo, o nacionalismo significou a superación do rexionalismo, entendendo Galicia como unha

LER MÁIS
Internacional Venezuela

Todo o noso apoio á República Bolivariana de Venezuela.

Todo o noso apoio á República Bolivariana de Venezuela. Os intentos de desabastecemento en forma de sancións e de destrución da produción nacional encádranse dentro da política imperialista que deu voz ao terrorista Leopoldo López, e que agora aposta pola personificación da mesma na figura de Juan Guaidó. A falta de apoio popular dos títeres da política ianqui levaron á necesidade de respaldar a ofensiva institucional coa invasión militar disfrazada

LER MÁIS
Opinión

A moral comunista para a rectificación das ideas erróneas da organización comunista

“As ideas dominantes non son outra cousa que a expresión ideal das relación materiais dominantes, as mesmas relacións materiais dominantes concibidas como ideas; polo tanto, as relacións que fan dunha determinada clase a clase dominante son tamén as que confiren o papel dominante ás súas ideas” - Marx Antes de nada, cómpre facer unha reflexión entorno ao que Marx e Engels acuñaron como Ideoloxía. A Ideoloxía viría a ser así a visión

LER MÁIS
Opinión

Sobre arte e dialéctica. Dende o jazz ao trap.

Hai un tempo lin unha entrevista que lle fixeron a Ferrín onde unha das súas respostas deixoume marcado, coido, que para sempre. A entrevistadora preguntoulle se quedaban en Europa escritores comprometidos politicamente “máis ala da pose ” ao que o Ferro respondeu lúcidamente: “Todos os escritores, como todas as persoas, teñen unha visión do mundo. Uns non desexan transformar a sociedade, porque lles gusta tal cal está, e outros aspiran

LER MÁIS
Muller

Solidariedade coas temporeiras de Huelva

En Huelva prodúcense o 95% dos morangos do Estado español, en réxime de agricultura intensiva desde finais de século, o cal foi chamada para o emprego temporal de xornaleiras portuguesas e andaluzas. O crecemento económico español e a terciarización da economía desprazou ás traballadoras andaluzas a empregos menos duros, de xeito que se abriu a demanda de man de obra estranxeira para a tempada de morangos, para o que a

LER MÁIS
Sen categorizar

Stalin e a cuestión nacional

En 1913 Stalin escribe ‘Cuestión Nacional’ para dar solucións dende unha análise marxista ao problema nacional. Neste texto o dirixente soviético comeza por definir o que é unha nación para así poder refutar a diversos teóricos do momento que analizaban a cuestión dende ópticas idealistas. Este texto é unha obra fundamental para os marxistas galegos. Ao igual que fixo Castelao no seu tempo podemos apoiarnos nel para definir Galicia como

LER MÁIS
Opinión

Por un feminismo de praxe republicana.

“O vello mundo morre. O novo tarda en aparecer. E nese claroescuro xorden os monstros.”, Gramsci “O caduco tende a recostituírse e a afirmarse dentro das formas recén alcanzadas.”, Marx Nos últimos anos atendemos a un desbordamento das formas de organización e dos conceptos arredor dos que xiraba a política galega, que deron en crear novas dinámicas que fixeron a moita máis xente partícipe. Isto aconteceu en menor medida no

LER MÁIS
Opinión

Sororidade

O individualismo é un produto do capitalismo para fomentar a competitividade entre iguais que supón unha eficaz arma para a disociación de intereses, o que Marx chama alienación. En consecuencia darase a desmobilización das clases populares, entendendo deste xeito que só existen intereses individuais e obviando que estes intereses responden ós intereses de clase, freando deste xeito a emancipación da clase obreira. Nas mulleres dita competencia non só será necesaria

LER MÁIS
Organización

II Congreso Nacional de Xeira

Dende Xeira queremos resaltar a nutrida resposta que tivo o suceso do noso II Congreso, tanto no plano cuantitativo onde o crecemento dende o Congreso Constituínte até hoxe segue subindo de forma exponencial; como no cualitativo onde se produciron debates constructivos, avanzados e ricos que contribuíron a consolidar e reforzar a nosa liña ideolóxico-política. Gustaríanos destacar entre os resultados do congreso a nosa profundización no marxismo-leninismo como ferramenta teórico-práctica para

LER MÁIS
Sen categorizar

AUTOCRÍTICA

Perante os feitos que onte empañaron a III AN de ANOVA, dende Xeira queremos manifestar o noso profundo rexeitamento e desaprobación destas intolerables conductas, que en ningún caso poden eclipsar o bo funcionamento e cordialidade xeral no que discorreu dita asemblea e a militancia de ANOVA durante este lustro, sen servir isto de excusa para deixar pasar e non tratar dito tema, incompatible coa militancia revolucionaria. Por moi agresivas que

LER MÁIS
Estado español Internacional

Sobre a folga dos estibadores

Nos últimos días, os estibadores dos portos do Estado anunciaban unha folga que, como non podía ser doutro xeito, trouxo polémica consigo.   A maquinaria do Réxime púxose a funcionar, e tanto telexornais, programas de televisión como a propia prensa comezaron a espallar a súa mensaxe clasista destinada a dividir e a asoballar aínda máis á clase obreira.   Os argumentos principais que se deron pasaron pola difamación sobre a

LER MÁIS
Internacional Ucraína

Os que morren pola vida non deben chamarse mortos

No día de onte coñecíamos a tráxica noticia do vil e cobarde asasinato de Mijail Tolstiykh, alias "Givi", un dos máis coñecidos comandantes das autodefensas de Novorossia. O asasinato súmase ao perpetrado en outubro de 2016 contra o tamén comandante das autofensas Arsen Pavlov, alias "Motorola". Ambos asasinatos foron levados a cabo por grupos terroristas de sabotaxe dependentes dos servizos especiais de Ucraína, segundo indican as autoridades da República Popular

LER MÁIS
Opinión

Liberación de Aleppo e Guerra Siria

Día 7 de decembro de 2016, tras máis de catro anos e medio do inicio da Batalla de Aleppo na xa coñecida como Guerra Civíl Siria, (“xa coñecida como” porque non sempre se lle coñeceu con ese nome) o Exercito Sirio xunto coas forzas aliadas de Hezbollah, Rusia, China, Cuba e outros actores internacionais, logran por fin o que vai ser o punto de inflexión da Guerra: gañar a Batalla de

LER MÁIS
Opinión

Sobre esquerda, esquerdismo e trucos de maxia negra

  Hai un palabro moi nomeado na "jerga" revolucionaria, coa correspondente mención a obra que a sustende e analiza. Falo do Esquerdismo e do libro de Lenin "A enfermidade infantil do comunismo." Creo que é un termo e un tema en xeral que merece moitísima mais atención e estudo que o analise simplón e superficial que se lle dá, case que como arma arroxadiza fetiche entre as diferentes correntes e

LER MÁIS
Opinión Sen categorizar

Cuestión nacional galega

A diferenza de certos discursos que leva o nacionalismo galego, nós non apostamos pola defensa da nosa nación apelando a que hai moitos séculos existiu o Reino de Galicia, xa que existen nacións como Cataluña que non contaban co seu reino no feudalismo. O conflito nacional pode presentarse de diferentes xeitos. No exemplo catalán, dáse unha disputa entre as burguesías dominada e dominante; porén, o conflito nacional non se dá

LER MÁIS
Opinión

Pornografía, Salón Erótico de Barcelona e feminismo

Nestes días fíxose viral, sobre todo entre a mocidade progresista, un vídeo anunciando o Salón Erótico de Barcelona. Este vídeo fai unha crítica á hipocresía da sociedade caendo na crítica fácil e socialmente aceptada, pois denunciar que vivimos nunha sociedade machista, e todo o que iso conleva sobre todo na industria da prostitución e do porno non os faría virais, nin moito menos animaría á xente a acudir a ese

LER MÁIS
Opinión

Feminismo e amor

Tras a conquista de dereitos sociais coma o voto, que protagonizou a segunda onda do feminismo, este comeza unha terceira onda baixo o lema: o persoal é político. É unha obviedade que baixo o patriarcado as mulleres xogamos un papel desvantaxoso nas relacións sentimentais. Así dende o feminismo loitouse por un maior grao de emancipación da muller no seo da parella. O control que se exerce sobre nós a nivel

LER MÁIS
Opinión

Política e relixión

Resulta moi curioso observar as dinámicas comúns que tomaron tanto certa parte do movemento nacional como aquelo que se deu en chamar "ecoloxismo", froito dunha análise inmobilista e idealizada da realidade, que día a día se esforzan en repetir mesmo sectores autodenominados “marxistas”. No problema nacional, tomáronse aquelas características que tiña a nación galega cando se empezou a ser consciente de dito conflito, aló polo Rexurdimento, e gardáronse con moito coidado

LER MÁIS
Campañas Muller

Abonda de xoguetes que alimentan os roles patriarcais!

Desde a nosa infancia, todas nós somos educadas nunha cultura alienante que se nutre do patriarcado, o cal oprime a muller, facéndose dona das súas forzas produtiva e reprodutiva. O papel reprodutor que recae sobre as mulleres por mera bioloxía será confundido coa maternidade e así aparecerá reflectido nos xoguetes: bebés bonecos que coidar, cociñas, pranchas e lavadoras para as nenas; balóns, armas de plástico e coches para os nenos.

LER MÁIS
Campañas Muller

25N – A historia será nosa!

No que levamos de ano xa son 12 as mulleres vítimas da violencia de xénero en toda a Galiza. Non só iso, existen datos aínda máis estremecedores: o 35% das mulleres e nenas sofre algún tipo de violencia física e/ou sexual ao lo longo da súa vida, arredor de 60 millóns de nenas no mundo son obrigadas a se casaren con menos de 18 anos e 140 millóns sofren mutilación

LER MÁIS
Campañas Estado español

#7N. Querémonos vivas!

Semana tras semana, espertamos coa nova dunha muller máis asasinada, até nos situarmos en máis de 70 feminicidios no que vai de ano, sendo isto un fiel reflexo da sociedade patriarcal que exerce a violencia en todos os seus modos e en todos os ámbitos. A pesar disto, desde as institucións públicas séguese recortando en recursos especializados contra a violencia machista. Sumamente importantes os recortes na xustiza, a cal resulta

LER MÁIS
Posicionamentos Vigo

Hospital Álvaro Cunqueiro: a nosa saúde non é un negocio!

A semana pasada comezaba a funcionar en Vigo o novo hospital Álvaro Cunqueiro cos primeiros ingresos de doentes procedentes do hospital Meixoeiro. Nos primeiros días, as traballadoras comezaron a notar numerosas deficiencias no complexo hospitalario: desprendementos no teito, falta da medicación necesaria, quirófanos sen lavabos para a hixiene do persoal sanitario, ausencia de sala de espera para os pacientes que acoden facer unha resonancia magnética, facendo que teñan que agardar

LER MÁIS
Comarcal Liberación Nacional

Homenaxe popular a Moncho Reboiras

Como en anos anteriores, a organización da mocidade comunista Xeira e a Frente Popular Galega convocamos unha homenaxe popular á figura de Moncho Reboiras no 40º aniversario do seu asasinato en mans da policía española. Farémolo de novo en Teis por ser este barrio obreiro da comarca viguesa o lugar onde o camarada Reboiras pasou a maior parte da súa vida e onde comezou a traballar e militar no compromiso popular e nacional por unha Galiza

LER MÁIS
Campañas Liberación Nacional

24 de xullo: A mocidade pola independencia. Venceremos nós!

Un ano máis, a mocidade independentista galega aposta pola unidade de cara ao próximo 24 de xullo. Somos oito as organizacións xuvenís e estudantís que vimos de presentar esta mañá na Alameda de Santiago de Compostela a convocatoria de manifestación unitaria, así como o manifesto conxunto en que denunciamos a actual situación en que a mocidade galega se atopa e recalcamos a necesidade vital de racharmos con este sistema opresor que nos anula como clase e

LER MÁIS
A Mariña Muller

Comunicado de XEIRA perante a Procesión das Raíñas de Burela

Tras máis dun lustro sen a Procesión das Raíñas nas Festas de Burela, este ano vaise volver celebrar dito acto, a pesar de que o Observatorio da Mariña pola Igualdade veña alertando do prexudicial do evento. O acto consiste nunha procesión en que sacan a virxe acompañada dun grupo de rapazas que actúan como damas de honor lideradas por unha raíña. Ademais, hai dous grupos de damas de honor e

LER MÁIS
Internacional Països Catalans

Aniversario do asasinato de Guillem Agulló

  Guillem Agulló, militante independentista de esquerdas no País Valencià, asasinado en mans dun grupo de fascistas o 11 de abril de 1993. No xuizo, unicamente foi condenado Pedro José Cuevas Silvestre, autor confeso das puñaladas que acabaron coa vida de Guillem, quedando absoltos os demais integrantes do grupo. Días máis tarde, outro dos membros deste grupo fascista, Jose Manuel Sánchez, participa nunha nova agresión con arma branca. No xuizo,

LER MÁIS
Ourense Sen categorizar

Comunicado de Xeira sobre Ourense en Común

Sen ser, en absoluto, a electoral a nosa fronte de acción prioritaria, perante os últimos movementos maniqueístas e oportunistas as nosas camaradas de Ourense queren manifestar o seu total apoio á plataforma «Ourense en Común» como proceso de unidade popular nesta cidade.  

LER MÁIS
Antirrepresivo Nacional

En solidariedade co compañeiro Héitor Naia

Onte o Estado Español agasallábanos cunha triste nova; a detención do independentista Heitor Naia, "O Koala" en Portugal, no intre no que supostamente ía fuxir a República Bolivariana de Venezuela para evitar os anos de cadea aos que xa foi condeado polo tribunal fascista "Audiencia Nacional", unha condea sen probas materiais, só amparada por unhas declaracións dubidosas. Esta detención de marcado carácter político, igual que todo o proceso de criminalización

LER MÁIS
Muller

Historia do 8 de marzo

A orixe do Día Internacional da Muller traballadora está agochada por diversos mitos ou hipóteses que foron xurdindo ao longo do tempo. Unha destas hipóteses di que o 8 de marzo de 1857 as mulleres dunha fábrica novayorkina protestaron pola mellora das súas condicións laborais, e como consecuencia disto, o patrón fechounas dentro e prendeulles lume, o que acabou coa vida de 129 mulleres. A hipótese prosegue coa afirmación de

LER MÁIS
Posicionamentos

Nin en Galiza, nin en ningures: non aos campos de exterminio de visóns!

Perante a nova da inminente construción dun novo campo de exterminio de visóns no noso país, concretamente na Estrada, dende Xeira analizamos esta situación como unha nova mostra da dominación implacábel do Estado español, que deriva a fabricación doutra nova granxa peleteira a Galiza, unha das súas colonias. Non é casualidade que o noventa por cento destes criadeiros estean situados no noso país, xestionados por unha elite foránea que extrae

LER MÁIS
Sen categorizar Ucraína

LIBERDADE PRESAS COMUNISTAS XA! A solidariedade é a tenrura dos pobos.

Hoxe espertabamos coa nova de que 8 comunistas internacionalistas de diferentes partes deste estado eran detidos nas súas casas de madrugada. O seu único delito foi participar e apoiar a loita dos antifascistas de Donbass fronte o avance dos mercenarios fascistas na Ucraína a soldo do imperialismo. Por si non foran poucas as penurias que as que se viron sometidos trala súa participación no conflito, o Estado Imperialista Español recíbeos

LER MÁIS
Posicionamentos

Folga Estundantil 26 F

Este ano temos a boa nova dunha folga estudantil unitaria a nivel nacional, onde organizacións de todas as cores e máis as asembleas abertas de estudantes convocaron conxuntamente e traballaron xuntas nos diversos comités de folga e asembleas do país. Agardemos que sexa un paso na dirección de artellar un movemento estudantil forte nacional, unitario, que non responda a intereses alleos ao estudantado e que non se deixe chantaxear polas

LER MÁIS
Muller

Abonda de alimentar a cultura patriarcal

O patriarcado está presente na nosa vida dende o momento do noso nacemento, un claro exemplo é o nadal, durante o cal cales as/os máis pequenas/os do fogar adoitan recibir agasallos dalgún ser imaxinario que non é máis ca unha ferramenta do capitalismo para estimular o consumo. A cuestión dos xoguetes pode semellar inocente e intrascendente, mais a rapazada reproduce os roles que destes aprenden. Os casos máis evidentes; os

LER MÁIS
Formación

Xornada de aprendizaxe: Obradoiro de Axitación e Propaganda

Este sábado faremos un obradoiro aberto de Axitación e Propaganda no local da Asociación Cultural Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra 11, Vigo) onde aprenderemos a facer stencils, faixas, carteis e exploraremos novas formas de actuar na rúa para crear conciencia colectiva. Comezaremos ás 12:30 do mediodía e remataremos ás 19:30h, cun receso para o xantar. O obradoiro é aberto a calquera persoa que estea interesada en participar, se é

LER MÁIS
Muller

25-N Día Internacional de Loita Contra a Violencia Machista: loitemos todas para mudalo todo!

O 25 de Novembro é o día das asasinadas, das torturadas, das que día a día teñen que soportar a violencia contra a súa persoa; por ser quen son, mulleres. Os datos son arrepiantes, milleiros de mulleres violadas, maltratadas, mortas e recluídas pola violencia machista; no estado español no 2013 houbo 52 vítimas mortais e no 2014 xa van 44 asasinadas polo machismo que se agocha en cada un dos

LER MÁIS
Liberación Nacional Nacional

Dereitos nacionais, en todas as trincheiras.

Na semana que entra teremos en Galiza un dos maiores símbolos de españolización e alienación mediática da última década: a selección española e masculina (como non) de fútbol. Moitas veces, as denuncias deste tipo foron tachadas por sectores da esquerda de protesta estética, pero nada máis lonxe da realidade. A reprodución ideolóxica da oligarquía a través deste evento é masiva, polo que non podemos deixar pasar a ocasión, dende un

LER MÁIS
Movemento Obreiro Nacional

Pola Folga Xeral!

Van xa dous anos dende que as rúas de toda Galiza berraron a unha soa voz “Que viva a loita da Clase Obreira” cun sentido claro de botar atrás a última Reforma Laboral. Os ataques o proletariado galego seguen  estando vixentes, xa que a pesardes das grandes mobilizacións  (180.000 en Vigo, 125.000 na Coruña, 80.000 Ferrol, 30.000 Ourense e Pontevedra, e 10.000 en Lugo) que se deron naquela xornada de loita europea,

LER MÁIS
Formación Muller

Obradoiro Feminista Capítulo 3

Deixámosvos o novo capítulo de Obradoiro Feminista, desta volta intentamos clarificar cal é a vinculación que existe entre o patriarcado e a propiedade privada. Agardamos que vos sexa de utilidade!  

LER MÁIS
Antirrepresivo Nacional

Contra a represión, organización

Onte ás 11:30 da mañá foi detido no casco vello de Compostela un compañeiro de Xeira cando se dirixía a unha asemblea na súa facultade. A esta detención sumaríase a do compañeiro de Briga detido tamén na porta da súa facultade. En todo momento os corpos represivos negáronse a comunicar o motivo  da súa detención así como en que momento ían ser postos en liberdade. Os motivos alegados foron os sucesos

LER MÁIS
Sen categorizar

Por unha rede nacional de transporte público e eficiente!

 O Estado Imperialista Español ten condenado historicamente a Galiza a sufrir unhas desastrosas  liñas de comunicación internas que impiden o normal desenvolvemento da realidade socioeconómica galega e perpetúan a relación colonial respecto da metrópole. Observamos isto no rural galego, vivíndose situacións dramáticas, onde para unha correcta escolarización das cativas as familias se ven obrigadas a depender da axuda particular dos veciños, ou resignarse á migración cara as cidades ao carecer

LER MÁIS
Campañas Muller

Gerda Taro

Gerda Taro, nada en Stuttgart(Alemaña), foi unha das primeiras mulleres que gozou de recoñecemento como foto-xornalista. O seu nome real era Gerta Pohorylle. A pesar das súas orixes burguesas, desde moza, formou parte de movementos socialistas e obreiros. Así, coa chegada dos nazis ao poder, e, despois de sufrir unha detención, decidiu fuxir a París cunha amiga en 1933. En París, coñeceu por casualidade André Friedman, un xudeu húngaro que

LER MÁIS
Campañas Formación

Marie Skłodowska-Curie

María Sklodowska-Curie, máis coñecida como Marie Curie (1867- 1934), foi unha química e física polaca, posteriormente nacionalizada como francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel en dous campos distintos (física e química) e a primeira muller en ser profesora na Universidade de París. En 1891 trasládase a París para continuar cos seus estudos, onde remata as licenciaturas de física e matemáticas, converténdose máis adiante na primeira

LER MÁIS
Formación Muller

Obradoiro Feminista Capítulo 2

Compartimos o noso segundo vídeo de “Obradoiro Feminista”, desta vez tentamos explicar que é o patriarcado. Subiremos o segundo domingo de cada mes un novo vídeo sobre conceptos/debates feministas. Agardamos que vos pareza útil e interesante!  

LER MÁIS
Campañas Muller

Clara Zetkin

Clara Zetkin foi unha política feminista alemá que naceu o 5 de Xullo de 1857 en Wiedenau (Saxonia). Estudou maxisterio en Leipzig e afiliouse ao Partido Socialdemócrata no ano 1881. Exiliouse en Suíza e París, onde escribiu e distribuíu literatura clandestina e tamén coñeceu a numerosos líderes socialistas internacionais. Case dez anos despois, e tras participar no congreso fundacional da Segunda Internacional Socialista en 1889, regresou a Alemaña e desde

LER MÁIS
Antirrepresivo Nacional

Liberdade para o Raul

Na xornada de onte produciuse unha nova agresión do Estado Español contra a esquerda independentista. Desta volta o peso do aparello represivo títere da oligarquía recaeu sobre o compañeiro Raúl A.C. A sentenza que por suposto non ditou ningún xuíz senon os medios de comunicación do réxime, que non dubidaron un segundo a súa miserenta lealdade ao amo que lles da de comer, sinalando ao mozo cos estigmas propios dunha agresiva ditadura do capital contra a

LER MÁIS
Campañas Muller

Daría González García

Naceu en Pontevedra en 1912. Estudou o bacharelato en Pontevedra e ao rematar, rexeitando os costumes da época, matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filosofía e Letras (sección Historia) en 1935, sendo pioneira da presenza feminina na universidade. De feito, é unha das poucas mulleres que participaron no Seminario de Estudos Galegos como socia protectora (non se coñecen máis que nove socias protectoras do Seminario). Tras

LER MÁIS
Campañas Muller

Polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres

O capitalismo, en conxura co sistema de dominación patriarcal, segue a marcar o seu territorio nos corpos das mulleres, sendo nós as que sufrimos os continuos ataques sobre a nosa liberdade sexual e o control sobre algo tan importante como é a maternidade. Estas agresións afectan de xeito distinto ás mulleres da burguesía, xa que con cartos poden pagarse este dereito nunha clínica privada ou no estranxeiro. Porén, unha vez

LER MÁIS
Campañas Formación

Rosalind Elsie Franklin

Proseguimos coa campaña sobre a visibilización das mulleres formadas e históricamente importantes. Aquí tedes unha pincelada dos seus logros. Rosalind Elsie Franklin, nada en Notting Hill, Londres o 25 de xullo de 1920 foi unha química e cristalógrafa inglesa autora de importantes contribucións á comprensión da estrutura do ADN, os virus, o carbón e o grafito. Rosalind Franklin é recordada principalmente pola chamada Fotografa 51, a imaxe do ADN obtida mediante difracción de raios

LER MÁIS
Antirrepresivo Compostela

Comunicado ante o desaloxo de Aríns

Fai uns días que se viña anunciando o desaloxo de Carlos e María da súa casa de Aríns, vítimas dunha estafa na que caeron o atoparse en apuros económicos. Moitos foron os esforzos de todas as compañeiras para impedilo, mais a desproporcionada presenza policial e a brutalidade que exerceron dende primeira hora da mañá, impedindo o acceso á casa cando aínda era propiedade de Carlos e María e empurrando e

LER MÁIS
Campañas Formación

Temos todo o mundo por conquistar!

As mulleres no noso camiño cara a emancipación debemos armarnos para rachar as barreiras impostas polo patriarcado. Unha das mellores armas é o coñecemento, implícito tanto na formación formal (ciclos, universidades, institutos...) como na non formal (lecturas, investigación autónoma...), é por iso que dende Xeira clamamos á formación das mulleres. Fórmate, ármate, loita!   A 16 de xuño de 1963 despegou o voo que mostrou ao mundo que as mulleres

LER MÁIS
Muller

Vídeo Obradoiro Feminista Cap.1

Para comezar o curso con ganas compartimos o noso primeiro vídeo do "Obradoiro Feminista". Neste primeiro capítulo preguntarémonos: Que é o xénero? Tentaremos resolver maís cuestións sobre conceptos ou debates feministas, deste xeito, compartiremos un novo capítulo o 2º Domingo de cada mes. Agardamos que o atopedes interesante!

LER MÁIS
Campañas

Non merques, non vendas, non colabores.

  As drogas veñen sendo historicamente un recurso empregado pola burguesía como ferramenta para desorganizar e inhibir a capacidade revolucionaria das filas máis avanzadas do proletariado. Sobran exemplos desta realidade, como a introdución do crack nos guetos dos Panteras Negras, conseguindo desarticular por completo un movemento popular ata entón absolutamente hexemónico nos barrios da poboación negra ou a introdución da heroína nos barrios obreiros deste Estado, especialmente en Euskal Herria

LER MÁIS
Comarcal Movemento Estudantil

Palestra: movemento estudantil alternativo e popular

  O próximo xoves 21 de agosto ás 19:00 na A.c. Bou Eva (Rúa Tercio de Afora, 11) estades tod@s convidad@s a unha palestra que organizamos dende XEIRA-Vigo para dar a coñecer o movemento estudantil de carácter popular e alternativo a sindicatos que coas súas prácticas antidemocráticas dan as costas ao estudantado. Así mesmo, teremos connosco a membros activos da Delegación Xurídicas UVigo, da Asemblea Redondelá De Estudantes (ARDE) e

LER MÁIS
Nacional

Acto homenaxe a Moncho Reboiras no 39º cabodano da súa caída en combate

    Este ano, a FPG e a organización da mocidade Xeira, celebraremos un acto de lembranza e homenaxe dunha figura central da nosa historia recente e imprescindible para entender o momento histórico en que vivimos. Na súa persoa conflúen o mellor da loita de emancipación social das clases traballadoras coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa cultural e identitaria do noso pobo, ambos piares basilares sobre os

LER MÁIS
Liberación Nacional Nacional

25 de xullo: loitemos pola independencia

Outro Día da Patría, no que o arredismo de base popular, representado nos nosos días polo independentismo de clase, sairá as rúas a berrar contra o colonialismo, o capitalismo e o patriarcado.Viva Galiza ceibe, socialista e feminista!

LER MÁIS
Nacional Posicionamentos

Angrois, un ano da masacre

Un ano do asasinato de Estado da oligarquía española, onde a contradición dignidade-capitalismo saíu á luz da forma máis miserenta. Decenas de mortos por mor dos fríos cálculos da burguesía e os seus vasalos. Non perdoamos nin esquecemos!

LER MÁIS
Estado español Liberación Nacional

Antifascistas sempre

O 18 de xullo de fai 78 anos, os militares fascistas apoiados pola oligarquía española e pola santísima Igrexa Católica, deron un golpe de Estado en contra da vontade da maioría da poboación, acabando, así, co período de maior democracia na historia do Estado Español. A sublevación fascista do 36 afirmou o caráccter popular no que estaba asentado a república, xa que foron as masas, o pobo en armas, as

LER MÁIS
Internacional Palestina

Contra o imperialismo

As últimas ofensivas imperialistas estannos a facer estremecer pola súa crueza e, ao mesmo tempo, visibilizan os conflitos crónicos que se desenvolven nesta etapa do capitalismo e que semellan en ocasións estar soterrados. O intento de consolidar a hexemonía da OTAN no leste europeo e a imposibilidade de facelo aproveitando as institucións da burguesía ucraína levou a que, apoiados polos servizos secretos occidentais, se dese un golpe de estado protagonizado

LER MÁIS
Liberación Nacional Nacional

Mobilización da mocidade pola independencia!

O pasado día 1 de xuño diversas organizacións políticas e estudantís da esquerda rupturista e independentista galegas puxémonos de acordo para reeditar este ano a mobilización unitaria xuvenil, co obxectivo de amosar na rúa a vixencia das nosas reivindicacións e o espírito de loita que mantén este pobo. Agardamos que a mobilización sexa un éxito e animamos á mocidade a participar nunha xornada de reivindicación política que de seguro será

LER MÁIS
Movemento Obreiro Movementos Sociais

Rodea o Parlamento, Marchas da Dignidade.

  O 21 de xuño as forzas políticas, sindicais, sociais e culturais galegas de carácter rupturista propuxéronse tomar a rúa para afogar simbolicamente, con sentimento de unidade, o Parlamento burgués, que non nos está a representar como pobo, senón que se limita a despoxarnos da nosa soberanía nacional e popular. Pola vía da unidade a clase obreira abre o camiño cara unha sociedade xusta e libre. Pan, traballo e teito!

LER MÁIS
Posicionamentos

Nin revolución homófoba, nin capitalismo rosa.

O 28 de xuño, reafirmámonos na loita contra o patriarcado e pola liberalización total dos suxeitos oprimidos en conmemoración ao inicio da resistencia colectiva da comunidade LGTBi, que en 1969 en Stonewall Inn (Greenwich Village) , dixo: basta á represión! e comezou a organizarse para subverter a inxustiza padecida. Durante séculos, a comunidade LGTBi foi reprimida, acosada, pisoteada e destinada á marxinación social por saírse dos inamovíbeis roles de xénero impostos. Isto débese a que as

LER MÁIS
Antirrepresivo Nacional

Amnistía!

Nas últimas horas vimos de coñecer a detención de Maria Osório da bisbarra galega do Bierzo. Esta terrible noticia require de tecer lazos de solidariedade con todos os elementos conscientes da clase obreira e dos sectores populares, pois sabemos que a loita anti-represiva require de xenerosidade de miras e do apoio fraternal por encima de siglas, tácticas e ideoloxicismos. A independentista Maria Osório, na clandestinidade fai un mes, condeada a case

LER MÁIS
Comarcal Organización

Xornadas de formación

Este sábado, en Ourense, dende Xeira temos a fortuna de contar con varias das voces do movemento popular galego, dende a multiperspectiva que representan, que contruibuirán a enriquecer a formación e os debates que lle cómpren á  mocidade comunista para trazar tácticas e estratexias con éxito.

LER MÁIS
Liberación Nacional Nacional

República Socialista Galega

Dende Xeira analizamos a abdicación do borbón como unha mostra máis da descomposición do réxime emanado da reforma política do franquismo, e tamén como unha estratexia máis da oligarquía española para seguir a lavarse a faciana do fascismo que nunca abandonou. Ante tal escenario, apostamos por unha ruptura democrática e un proceso constituínte co horizonte estratéxico posto onde sempre o tivo o independentismo de clase: na República Socialista Galega. A

LER MÁIS
Movemento Obreiro Nacional

1º de Maio 2014, Día do Internacionalismo Proletario. AVANCEMOS!

A Frente Popular Galega e a mocidade comunista de XEIRA no Día do Internacionalismo Proletario deste ano 2014 no que a taxa de desemprego acada xa no noso país o 23,2%, con vinte mil empregos máis destruídos nos primeiros tres meses do ano, co aumento da taxa de desemprego xuvenil nese mesmo trimestre en 2,2 puntos colocándose nun insoportábel 40,2%... queremos manifestar unha vez máis a nosa aposta firme pola mobilización obreira e

LER MÁIS
Antirrepresivo

STOP REPRESIÓN!

Hoxe, varixs estudantes (militantes de Xeira e de diferentes organizacións estudantís revolucionarias) foron detidxs nos seus fogares en Compostela. O aumento da represión do Estado contra a mocidade,o estudantado e toda a poboación consciente ten unha finalidade clara: Camuflar con desinformación e mentiras a situación de emerxencia política, intentando inocular na poboación medo con organizacións ficticias e criminalizando a xusta loita dos desposuidos, tentando enganar cos seus medios de (des)información ao pobo

LER MÁIS
Lugo Organización

Xornada de prensentación en Lugo

Firmes co noso compromiso de construír o que cada día é máis a ferramenta da mocidade comunista galega, realizamos unha vez máis unha xornada de presentación, desta vez en Lugo, coa intención de socializar o noso proxecto. Como comunistas temos o deber de ensinarlle a mocidade concienciada a necesidade de organizarse para loitar e derrubar o sistema. Agardamos que sexa unha intensa e produtiva sesión de formación e debate, e

LER MÁIS
Estado español Internacional

Crónica dunha loita!

Bandeiras dos pobos, berros a un só golpe, pulmóns que se desfacían mentres un sentimento de unidade crecía. Pasos, palmadas, puños ergueitos a un mesmo ritmo. Era o son dos pobos en loita, o son que fixo tremer a Madrid, corazón do imperio, marioneta do capitalismo. Este sábado albiscamos un raio de luz, creación dos homes e mulleres dos sectores populares, dos obreiros, da clase traballadora … Foi emoción o

LER MÁIS
Estado español Internacional

Á conquista da dignidade coa Columna Xuvenil dos Pobos!

Nós, dende Xeira, como ferramenta da mocidade comunista e arredista galega apoiamos publicamente o chamado "Columna Xuvenil dos Pobos/Columna Juvenil de los Pueblos" e facemos un chamamento ao conxunto de organizacións políticas, sociais, culturais e sindicais e aquelas persoas a título individual, que se enmarquen dentro de parámetros revolucionarios e a prol dos procesos de liberación nacional. Forxemos entre todas un bloque dotado dun contido político claro contra o capitalismo,

LER MÁIS
Muller

Construíndo feminismo de clase, hoxe e sempre!

O 8 de marzo está sinalado como o dia da muller traballadora. Nesta data todas nos lembramos da traballadora doméstica, da prostituta explotada, da nai de familia… de toda esa outra metade da poboación mundial ignorada e maltratada. Mais non podemos deixar que a reivindicación dos dereitos da muller se reduza a unha data máis marcada no calendario. A loita feminista é e debe ser diaria e constante. As mulleres

LER MÁIS
Movemento Obreiro

Xeira co día da Clase Obreira Galega

As traballadoras galegas temos un mandato ineludible nestes tempos: o de rachar con lustros de anquilosamento na mobilización popular transformando cada data reivindicativa nun vago ritual para encher os ocos do noso calendario de efemérides. Cómpre desempoar os vellos lemas que os nosos antecesores na loita nos deixaron, dende aqueles “comunismo caos” e “todo o poder para as asembleas” que nos ensinaron os bolxeviques até ese “viva Galicia ceibe e

LER MÁIS
Nacional Posicionamentos

Xeira apoia as Marchas da Dignidade

Hai momentos históricos que poden resumirse cunha consigna, hai frases que son capaces de recoller a rabia e a indignación dun pobo e a súa vontade de organizarse e loitar por un cambio social. Ese eco que resoou en Moscova en outubro de “PAN, PAZ E TERRA”, ese berro “PATRIA OU MORTE” que liberou a unha pequena nación do caribe das garras do imperialismo, ameaza con arrasar Madrid o vindeiro

LER MÁIS
A Coruña Organización

Xornada de presentación na Coruña

Dende Xeira continuamos co noso compromiso para construír a ferramenta da mocidade comunista galega, de organizar a xuventude, de loitar con ela e de defender as bandeiras do comunismo , o feminismo e o independentismo. E para poder achegarnos a mesma  iniciamos unha campaña de presentacións que comezamos nA Coruña o vindeiro venres 28 as 20h no bar Faluya (rúa Órzan 75). Animámosvos a participar nunha xornada que seguro suporá

LER MÁIS
Compostela

“Que facer?, tarefas da esquerda galega”

Dende Xeira apostamos por construír discurso e crear un espazo propio e amplo do anticapitalismo galego. Para iso, tamén escoitamos discursos diferentes que se moven nestas chaves para, finalmente, facer unha construción común cara a consecución do noso fin estratéxico: a independencia e o socialismo.  

LER MÁIS
Movemento Estudantil Posicionamentos

Tumbar a LOMCE, para tumbar o capitalismo!

O vindeiro día 20 de febreiro está convocada unha folga estudantil. Dende XEIRA entendemos que as problemáticas e as agresións ás que nos enfrontamos estes anos, a EU2015 e a LOMCE, non deben ser esquecidas. Todo este proceso de privatización, deterioro e destrución ao que a educación pública se ve sometida polas medidas dun capitalismo cada vez máis voraz, maniféstase con independencia da cor do goberno, respondendo exclusivamente aos intereses dunhas

LER MÁIS
Opinión

A importancia da Organización Comunista no proceso de liberación nacional

Monumento á Terceira Internacional, Vladimir Tatlin, 1919 No século pasado, tras repudiar a deriva do esencialismo etnicista e prefascista de Vicente Risco, o republicano galego Daniel Castelao botou man no seu Sempre en Galiza do revolucionario soviético Xosé Estaline para amosar dun xeito científico que Galiza conforma claramente unha nación por ser, tal como indicaba Estaline nas súas teses, unha comunidade humán estábel, históricamente formada e xurdida sobre os alicerces

LER MÁIS
Antirrepresivo

Solidariedade coa VIII Marcha ás Cadeas

Dende Xeira saudamos con ledicia a aparación de Que Voltem Para Casa como ferramenta anti-represiva aglutinadora e apartidaria.Parabenizámola pola organización da “VIII Marcha ás Cadeas” baixo o lema “Ate que non volten eles e elas, iremos nós” que realizarán mañá sábado 18 de xaneiro dende múltiples cidades galegas cara as principais prisións do Estado co fin de reivindicar o cesamento da dispersión, da tortura e polo recoñecemento da xente detida como

LER MÁIS
Castela Internacional

Gamonal, exemplo de dignidade e solidariedade

Os últimos días vimos comprobando como  ao Estado se lle rematan as ferramentas para frear a combatividade e a concienciación das traballadoras. Ata fai pouco unha actuación de roubo público como a que se pensaba facer no barrio de Gamonal pasaría desapercibida e a invisibilizacion e falta de solidariedade solucionarían o conflito. Mais neste caso existiu unha resposta contundente, e  as veciñas deron un exemplo de loita cunha mobilización continua, sen medo nin  ás agresións nin ás detencións dos mercenarios do capital,

LER MÁIS
Euskal Herria Internacional

O estado non ten portas para este mar

Dende Xeira queremos aportar a nosa pinga de solidaridade a ese mar que mañá encherá as rúas de Bilbao. Fai tempo que vimos vendo e sufrindo un incremento nas tácticas represivas do Estado Imperialista Español, e especialmente no conflicto en Euskal Herria. Frente a unha aposta pola paz atopamos unha resposta baseada na detencion de avogad@s e ilegalización de manifestacións, coma que está convocada para mañá, mais en palabras de

LER MÁIS
Campañas Vigo

Vitrasa: Se o suben, eu non subo.

Nos últimos tempos estamos a padecer como os gobernos de turno agasallan a empresas amigas concesións de servizos públicos coa excusa do aforro. Faise a nivel estatal, faise a nivel nacional e, como non, municipal. Para nós calquera tipo de concesión é unha estafa. E neste caso, o servizo de transporte público municipal de Vigo, unha mina de ouro para a concesionaria, que pode deixar a calidade ao seu criterio

LER MÁIS
Nacional Organización

Presentación de Xeira

Constituímonos como Organización da Mocidade Comunista Galega. O proceso MIR apuntalou os alicerces na Patria e fortaleceu as posicións independentistas e comunistas organizadas. Durante este tempo; desde a disolución de Adiante até hoxe, creamos estas asembleas coa firme vontade de trazar un vieiro de loita revolucionaria que fose medrando cualitativa e cuantitativamente. Conseguímolo, e é a partir do 21 de decembro (data na que celebramos o noso Congreso Constituínte), que

LER MÁIS