Xornada de aprendizaxe: Obradoiro de Axitación e Propaganda

obradoiro
Este sábado faremos un obradoiro aberto de Axitación e Propaganda no local da Asociación Cultural Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra 11, Vigo) onde aprenderemos a facer stencils, faixas, carteis e exploraremos novas formas de actuar na rúa para crear conciencia colectiva.
Comezaremos ás 12:30 do mediodía e remataremos ás 19:30h, cun receso para o xantar.
O obradoiro é aberto a calquera persoa que estea interesada en participar, se é o teu caso envía un correo a info@xeiramocidade.org para calcularmos a cantidade de material que precisaremos.
Esperámoste!