Unidade Popular e República: Moncho Reboiras

45881e1d-4568-48a1-a545-df498f39bbf6

Moncho Reboiras naceu en Imo (Dodro) o 26 de xaneiro de 1950. Aínda moi novo, trasládase ao barrio obreiro de Teis, onde comeza a achegarse ás posturas da UPG, comezando a militar definitivamente en 1969.

A entrada de Moncho Reboiras na UPG, como a de outros cadros obreiros (García Crego ou Pepiño de Teis), produciuse nun momento no que a indefinición a nivel ideolóxico e organizativo do Partido aínda era moi grande. Enriba da mesa estaba o debate sobre a UPG como partido de clase ou coma fronte.

A entrada destes cadros propicia que o debate se solvente ca conversión en 1974 en Partido Comunista Patriótico nos seus Estatutos Provisorios. Pero previamente a estes Estatutos a UPG xa comezara a impulsar frontes en diferentes ámbitos.
Trala participación en 1972 nos conflitos de Vigo e Ferrol, seguen a entrar obreiros no partido, neste caso provintes de Galicia Socialista e Organización Obreira, o que lle da a suficiente forza para impulsar a Fronte Obreira, antecedente directa do SOG, na que o traballo de Reboiras, tanto na integración dos colectivos anteriores como no aumento da implantación, ten unha importancia crucial.

 

f45fba0b-03e4-4150-ab9f-bc1675604959   1551f85f-d3e6-4196-9be0-a308c4881136
Mais a participación de Reboiras non se limitou ao ámbito do traballo, senón que participou no deseño doutras das frontes que na altura se desenvolveron, como a Fronte Cultural Galega e o Movemento da Canción Galega ou os Comités de Axuda á Loita Labrega, antecedente dos Comités Labregos. Non hai que esquecer o seu papel na dirección da Fronte Armada desde o 73, traballo militante que remataría co seu asasinato en agosto por parte das forzas represivas do franquismo.

Naquela época a liña era clara: construción de sindicatos únicos, utilización da loita armada baixo a dirección do Partido, creación dunha fronte de liberación nacional a través da AN-PG e o Consello de Forzas Políticas Galegas. Estas organizacións deberían ser nacionais e unitarias no seu eido e poderían ter relacións con outras organizacións do estado.
Pero o asasinato de Reboiras en 1975 produciu unha crise que remataría por fracturar o partido en dous, tras o desmantelamento da Fronte Armada, da Fronte Cultural e do CFPG, ademais da fractura producida na AN-PG ca marcha do PSG.

Este xiro na liña do partido provocou a creación por parte dunha parte da militancia da UPG Liña Proletaria, fiel á liña da UPG orixinal e do camarada Reboiras.