Todo o noso apoio á República Bolivariana de Venezuela.

64 aniversario ChávezTodo o noso apoio á República Bolivariana de Venezuela.

Os intentos de desabastecemento en forma de sancións e de destrución da produción nacional encádranse dentro da política imperialista que deu voz ao terrorista Leopoldo López, e que agora aposta pola personificación da mesma na figura de Juan Guaidó. A falta de apoio popular dos títeres da política ianqui levaron á necesidade de respaldar a ofensiva institucional coa invasión militar disfrazada de axuda humanitaria o 23 de febreiro.

O pasado 7 de marzo, a comitiva que o mesmo Donald Trump formou para esta operación formada polo responsable da contra nicaragüense e do ascenso de Ríos Montt en Guatemala, Elliott Abrams; o ex-director da CIA e actual secretario de Estado, Mike Oimpeo; un dos maiores responsables da invasión en Irak, John Bolton; Marco Rubio e demais criminais de guerra levaron ao cabo un ataque cibernético, que durante catro días deixou ao 80% da República sen ningún tipo de subministro eléctrico.

O obxectivo desta operación era forzar un movemento popular contra o goberno de Maduro ante unha situación que provocou mortes en hospitais, aprodrecemento de comida pola falta de refrixeración, e todas as consecuencias dun ataque a estes niveis; pero a digna e firme poboación civil respondeu con organización para o abastecemento, comitivas de carácter político-represivo e manifestacións multitudinarias en apoio ao seu lexítimo goberno bolivariano.

A ofensiva estadounidense contra a democracia Venezolana iniciada o 23 de xaneiro, como un intento de golpe de Estado, impón unha toma de posicións polarizada na política internacional. Dende Xeira amosamos unha posición firme en defensa da Revolución Bolivariana e condenamos a política imperialista de Trump.