Temos todo o mundo por conquistar!

As mulleres no noso camiño cara a emancipación debemos armarnos para rachar as barreiras impostas polo patriarcado. Unha das mellores armas é o coñecemento, implícito tanto na formación formal (ciclos, universidades, institutos…) como na non formal (lecturas, investigación autónoma…), é por iso que dende Xeira clamamos á formación das mulleres.
Fórmate, ármate, loita!

 

Valentina


A 16 de xuño de 1963 despegou o voo que mostrou ao mundo que as mulleres tamén son capaces de conquistar o universo. Valentina Tereshkova, a primeira muller cosmonauta naceu o 6 de marzo de 1937, na provincia de Yaroslavl. Tras deixar a escola, traballou nunha fábrica de pneumáticos e máis tarde estudou enxeñaría. Tamén practicaba paracaidismo, especialidade na que acumulou uns 90 saltos.

Tras os primeiros voos ao espazo relizados con éxito polos cosmonautas soviéticos, Sergei Korolev decidiu que era o momento de lanzar unha muller ao espazo. A principios de 1962, empezou a selección das candidatas, cinco mozas foron seleccionadas, incluída entre elas
Valentina Tereshkova.

Durante os adestramentos, que rematou con excelencia, adestrou para aumentar a resistencia do organismo ás condicións de voo espacial. O adestramento incluíu a cámara térmica, onde debeu permanecer cunha traxe de voo a unha temperatura de 70 graos Celsius e unha humidade
do 30%; así como a cámara de privación sensorial, onde as futuras cosmonautas deben pasar 10 días, privadas de calquera contacto co exterior. Tamén pasou formación en ausencia de gravidade e preparouse para o desembarco, con paracaídas, en mar e terra.
Inicialmente organizáranse dous voos simultáneos con tripulación feminina, mais en marzo 1963, o proxecto foi rexeitado e só unha viaxe con un membro da tripulación foi aprobada. Esta muller era Valentina Tereshkova, filla de traballadores, cuxo pai caeu heroicamente na chamada Guerra Finlandesa.
A cosmonauta emprendeu o seu primeiro voo o 16 de xuño de 1963, o día da viaxe espacial, Valentina dixo á súa familia que marchaba a unhas competicións de paracaídas. A súa familia soubo a verdade só por medio da radio.
O nome en clave para a misión da cosmonauta foi Chaika (“Gaivota”, en galego). O seu instrutor recordaba como Tereshkova comezou o seu voo dun xeito excelente, as operacións foron realizadas á perfección. Porén, xa en órbita, Tereshkova non podería guiar a nave correctamente
debido a un fallo no sistema e non foi autorizada a tomar o control manual da nave.

Despois de tres días, a aterraxe no territorio de voo Altai rematou con éxito. A pesares dos vómitos e do malestar sufrido, Tereshkova poido soportar 48 voltas ao redor da Terra. Pasou case tres días no espazo, neses días mantivo o rexistro e sacou fotos do horizonte
imprescindibles na descuberta dos aerosois atmosféricos.

Tras o seu histórico voo, Valentina Tereshkova graduouse en enxeñaría espacial en 1969 e exerceu durante case 30 anos de instrutora de cosmonautas. En 1977, recibiu o grao científico en enxeñaría. Valentina Tereshkova ocupou varios cargos políticos e foi premiada con premios de prestixio da Unión Soviética e noutros países.

En 1997, Tereshkova retirouse da Forza Aérea e dende entón está a traballar como colaboradora científica xefa no Centro de Preparación de Cosmonautas. A súa carreira espacial non significou o sacrificio da súa vida persoal. Valentina Tereshkova casouse co cosmonauta ruso Andrian Nikolayev, en 1964 naceu a súa filla Yelena. Casouse por segunda vez con Yuli Shaposhnikov, un destacado cirurxián.
Actualmente Valentina Tereshkova é deputada da Duma rexional na cidade de Yaroslavl, mais aínda soña nun voo cósmico. “Voaría a Marte con gran pracer!”, confesou nunha entrevista ao xornal ruso Sobesednik. “Por moitos anos estiven interesada en todo o que ten que ver con
Marte. Se puidera levalo a cabo voaría ata alá, incluso para non volver!”

Fonte: http://rusopedia.rt.com/personalidades/cosmonautas/issue_77.html