STOP REPRESIÓN!

Hoxe, varixs estudantes (militantes de Xeira e de diferentes organizacións estudantís revolucionarias) foron detidxs nos seus fogares en Compostela. O aumento da represión do Estado contra a mocidade,o estudantado e toda a poboación consciente ten unha finalidade clara:

Camuflar con desinformación e mentiras a situación de emerxencia política, intentando inocular na poboación medo con organizacións ficticias e criminalizando a xusta loita dos desposuidos, tentando enganar cos seus medios de (des)información ao pobo e buscando, como obxectivo final, xustificar a verdadeira violencia que sufrimos día a día, a que xera un medo real na poboación,a violencia estatal.

 

Descoñecemos dende o inicio das detencións o porque destas, asi como a situación actual dxs nosxs compañeirxs.

Mais fronte á imposición do medo, nós non recuamos. O pobo non recúa.

Xs compañeirxs que hoxe acudimos á concentración e as mostras de solidariedade que van chegandodende todos os recunchos constitúen unha mostra indiscutible de que as súas mentiras cada vez son menos cribles e de que, pouco a pouco,este Estado estase quedando sen portas para o noso mar.  

A convicción de ter do noso lado a razón, a dignidade, a solidariedade e a xustiza, fainos proclamar ante cada pequena derrota:

Sorride, porque imos gañar.”

Liberdade para xs detidxs! Viva a loita do estudantado! Viva a loita da clase obreira e do pobo concienciado!

 

stoprepresion