Solidariedade coa VIII Marcha ás Cadeas

Dende Xeira saudamos con ledicia a aparación de Que Voltem Para Casa como ferramenta anti-represiva aglutinadora e apartidaria.Parabenizámola pola organización da “VIII Marcha ás Cadeas” baixo o lema “Ate que non volten eles e elas, iremos nós” que realizarán mañá sábado 18 de xaneiro dende múltiples cidades galegas cara as principais prisións do Estado co fin de reivindicar o cesamento da dispersión, da tortura e polo recoñecemento da xente detida como suxeitos de dereito.

 Queremos remarcar que compartimos o carácter solidario desta acción, tan necesario nestes tempos nos que a represión é a única forma que ten o actual goberno de manter o status quo. Debemos unirnos todas e todos na condena á represión poa que sofren persoas galegas e de fóra do noso país baixo o paraugas legal da Lei Antiterrorista.

Toda a información na súa páxina web : http://quevoltem.org/

1546184_551234204973522_1715886863_n