Sobre esquerda, esquerdismo e trucos de maxia negra

13164311_610740025749157_6515927237536350560_n

 

Hai un palabro moi nomeado na “jerga” revolucionaria, coa correspondente mención a obra que a sustende e analiza. Falo do Esquerdismo e do libro de Lenin “A enfermidade infantil do comunismo.”

Creo que é un termo e un tema en xeral que merece moitísima mais atención e estudo que o analise simplón e superficial que se lle dá, case que como arma arroxadiza fetiche entre as diferentes correntes e organizacións do movemento popular, nomeadamente as mais adscritas ao comunismo.

Normalmente atribúese, erróneamente e de forma mecanicista, oesquerdismo a aquelas posturas e aptitudes escesivamente “radicales” “marginales/sectarias” (inda que destas duas últimas existe certa correlación segue a ser unha simplificación e vanalización do fenómeno) moitas veces ligadas a fenómenos de violencia política ou de elevada conflitividade tacticamente inadecuadas e/ou a aptitudes considerablemente belicosas, testoterónicas e visceralmente agresivas. De feito, non é dificil atopar exemplares desta obra que cuxa traducción ao castelán é a seguinte: “Extremismo, enfermedad infantil del comunismo.”

Estou intentando negar con isto a existencia de esquerdismo nos fenómenos anterioremente descritos? Non. De feito son facilmente apreciables na maioría deses casos. Entón onde está o problema? O Problema práctico (obviamente derivado dun problema analítico que tentarei describir mais tarde) entorno ao esquerdismo é principalmente o nomeado no parágrafo dous: O uso ramplón que se lle da en forma de arma arroxadiza fetiche. E iso de que deriva , e curiosamente, tamén en que deriva? Deriva de, e en IDEOLOXÍA no sentido mais estricto e pexorativo que se lle da dende o marxismo.
Cal é a materialización concreta diso? Como nos explican os clásicos, nomeadamente Marx, a ideoloxía inverte a realidade, e esconde sombras tras de si. E ademais como nos ensina o marxismo este fenómeno é recíproco cando se trata de un fenómeno ideolóxico: Un perfil de organización tibia, con trazas de absorverse polo sistema, excesivamente institucionalizada atacará a unha organización marxinal e sectaria con vinculos coa violencia acusándoa de esquerdista(moitas veces sendo certo) prá esconder o seu perfil acomodaticio e sistémico. E esta última refuxiarase e escudarase no perfil sistémico da primeira prá seguir reproducindo a súa praxe errónea.

Se atendemos ao libro concreto de Lenin con detemento, así como á súa obra xeral, nos contextos concretos, como a dos seus antecesores, sobre todo a de Marx, entenderemos que, no exemplo anteriormente exposto, ámbolos dous suxeitos, a pesar das apariencias, son o mesmo: esquerdismo. Por que? Por que ambas son consecuencia dun analise obsoleto derivado da división burguesa da realidade política, e en consecuencia do idealismo e do encorsetamento liberal, que é o que en realidade denuncia Lenin, e que se pode manifestar das formas mais variopintas, dende a mais esperpéntica a mais discreta. Lenin é clarísimo na súa denuncia a dicotomía burguesa de esquerda-dereita como algo totalmente inservible na loita popular. Non é casual que as diferentes correntes críticas e inimigos políticos que tivo Lenin lles caira o apelido de “De Esquerda” (indiferentemente do papel concreto ou das razóns e sinrazóns en cada disputa política, está clarísimo o contido pexorativo que tiña este significante pra Lenin e os seus.)

A correlación pódese seguir vendo moi de preto en exemplos mais actuales. Moitas veces decimos ante a praxe ambivalente, tacticista e oportunista de moitas organizacións que “o esquerdismo e o dereitismo van da man” ao ver nestas orgs., comportamentos radiales e moderados de forma cambiante e oscilante, esta afirmación non é de todo certa, o que pasa é que o que ordinariamente coñecemos como dereitismo (insisto, práticas acomodaticias sistémicas, dóciles cos poderes, pactistas etc.) é unha forma de esquerdismo. Esto pode parecer un paradoxo, pero non o é: O que ocorre é que esta organización pactista da que falamos decide ocupar un espacio identitario concreto dentro do marco da loita política en xeral. O marco esquerdo. O mesmo que fan os que practican revolucionarismo e fraseoloxía incendiaria; unha identidade prá ocupar un espacio ficticio a nivel material: o marco esquerdo do movimento popular.

Todo esto significa que as identidades que se constrúen non teñen ningun correlato con suxeitos materiais de ningún tipo: O esquerdismo é unha sorte de idealismo, liberalismo, ultraidentitarismo bácuo, se queremos esteticismo, que non ten porque estar asociado, repito, ao ultraradicalismo. Por iso IU (e demais organizacións do campo da esquerda refomista deste estado) criticaba a Podemos cando aludía a arriba-abaixo en vez de a esquerda-dereita. Porque estaban sendo esquerdistas, o cal non quere decir mais radicales, pero estaban aludindo a un xogo de indentidades que precisaban pra ocupar un espacio “X”. Esto non quere decir que mentar Arriba-Abaixo te convirta automáticamente nun revolucionario, nin en mais revolucionario se quera, que quen di Dereita-Esquerda, pero dende logo apelar a segunda dicotomía como mostra dunha maior cercanía a loita da nosa clase é unha total estupidez. Por non decir que seguramente a nivel gráfico sexa moito mais representativo da división de clases un corte nunha liña vertical(A-B) que nunha horizontal(D-E), pero ese é outro debate. Curiosamente podemos ver nunha das críticas que o KKE facía contra Syriza algo do que Podemos discutía con IU. Criticaban a Syriza por “Esquerdistas” pola súa táctica identitaria do Frente de Esquerdas e a división burguesa da sociedade en Dereita – Esquerda e fronte a iso propuñan unha dicotomía Pobo-Élite/Oligarquía. A min particularmente non me gusta o KKE, por outros motivos, pero gústame sacar este exemplo, por que a xente que mais glorifica ao KKE deste estado é a que mais lle atizou a Podemos por defender dicotomías identitarias moi semellantes as que defendía o KKE. E a única conclusión posible ten moito que ver con acabar co que Lenin sabía que era o esquerdismo, e comezar a darse conta da correlación absoluta entre nacional, popular e democrático, tres pezas fundamentais na construción do suxeito emancipatorio, pero que ningunha delas é se as outras non son. Isto quere decir: non ser dogmático, sen flexible, (o cal non quere decir ser permeable ao inimigo, inda que moitos o usen desa maneira.) e construir relatos e identidades que den apelado ao suxeito material que obxetivamente existe e é víctima do capitalismo.

Por suposto neste último parágrafo nin estou defendendo ao KKE, a Podemos nin a ningunha outra organización política nin tampouco criminalizo a IU e outros. Só intento expor exemplos de situaccións moi concretas e debates moi concretos prá relacionalos co tema que tento analizar: o Esquerdismo. E aprobeito de paso pra recomendar un texto moi bo de CR, de Outubro do 2006, publicando en Rebelión.org titulado. “Infantilismo de izquierda: un golpe bajo contra el socialismo”, en particular o capítulo 2; “El peligroso molde burgués izquierda-derecha”. Dito esto, tampouco son un entusiasta de CR, inda que creo que tivo aportes importantes aos debates no seo de PCE-IU, pero é xusto recoñecerlles un bo texto.

Aquí, obviamente, non se dá unha receta máxica do camiño a seguir, pero intento , humildemente , centrar un pouco o debate acerca de como construir a emancipación, aquí e agora. Así que, ala; a dispararme.

 

 

Brais Borrajo