Rosalind Elsie Franklin

Proseguimos coa campaña sobre a visibilización das mulleres formadas e históricamente importantes. Aquí tedes unha pincelada dos seus logros.
Rosalind Franklin DefinitivoRosalind Elsie Franklin, nada en Notting Hill, Londres o 25 de xullo de 1920 foi unha química e cristalógrafa inglesa autora de importantes contribucións á comprensión da estrutura do ADN, os virus, o carbón e o grafito.

Rosalind Franklin é recordada principalmente pola chamada Fotografa 51, a imaxe do ADN obtida mediante difracción de raios X, que serviu como fundamento para a hipótese da estrutura dobre helicoidal do ADN, e trala súa publicación constituíu unha proba crítica para a hipótese. Máis tarde, liderou varios traballos pioneiros relacionados co virus do mosaico de tabaco e o poliovirus.

Morrería en Chelsea, Londres, 16 de abril de 1958.