República Socialista Galega

10428498_10202693110062929_5840316538914911324_n

Dende Xeira analizamos a abdicación do borbón como unha mostra máis da descomposición do réxime emanado da reforma política do franquismo, e tamén como unha estratexia máis da oligarquía española para seguir a lavarse a faciana do fascismo que nunca abandonou. Ante tal escenario, apostamos por unha ruptura democrática e un proceso constituínte co horizonte estratéxico posto onde sempre o tivo o independentismo de clase: na República Socialista Galega.

A nosa organización lamenta profundamente que non se chegara a un acordo entre todas as organizacións autodeterministas e rupturistas que operan neste país para por en marcha unha mobilización permanente unitaria de cara a ruptura democrática e a un proceso constituínte, e por iso chamamos ao conxunto das clases populares galegas e de axentes políticos deste país a participar en todas as mobilizacións, sen excepcións, que se desenvolvan nesas claves, así como a facer a axitación política e a pedagoxía necesaria para a unificación das mesmas.

Traballemos xuntas pola creación deste movemento popular e democrático que conduza a ese proceso consituínte en chave galega que permita desenvolver as liberdades arrebatadas pola oligarquía e os traidores na segunda restauración borbónica:

– Autodeterminación camiño a independencia.

-Amnistía a todas as presas políticas polas loitas obreiras e democráticas.

-Economía democrática ao servizo da clase obreira e sectores populares.

-Liberdades políticas básicas: eliminación de leis anti-terroristas, de partidos etc.

Contra os borbóns: República Socialista Galega!