Somos a organización da mocidade comunista e independentista galega.
O noso traballo basease nos seguintes piares:
- Comunismo: procuramos un Estado social caracterizado pola desaparición das clases sociais e toda desigualdade, acadado mediante o Socialismo; entendido como a toma do poder por parte da clase traballadora.
- Independentismo: temos como obxetivo a emancipación da nación galega, permitindo a creación dun Estado galego socialista e soberano. Somos internacionalistas: apoiamos todas as loitas de emancipación obreira e nacional e tomamos posición contraria a todos os aparatos que sirvan para perpetuar o sistema capitalista e así seguir reprimindo aos traballadores e traballadoras, tales como a OTAN e a Unión Europea, xa que son expresións directas das estruturas de control económico, político e militar ao servizo do Imperialismo.
- Feminismo: necesidade de combater as desigualdades xenéricas entre muller e home para acadar unha verdadeira sociedade igualitaria. Sen a loita antipatriarcal vemos a imposibilidade de avanzar cara a construción das anteriores.