Pornografía, Salón Erótico de Barcelona e feminismo

5770beb95c3dc8cbde435534463e1339-18Nestes días fíxose viral, sobre todo entre a mocidade progresista, un vídeo anunciando o Salón Erótico de Barcelona. Este vídeo fai unha crítica á hipocresía da sociedade caendo na crítica fácil e socialmente aceptada, pois denunciar que vivimos nunha sociedade machista, e todo o que iso conleva sobre todo na industria da prostitución e do porno non os faría virais, nin moito menos animaría á xente a acudir a ese tipo de espectáculos.

É moi fácil caer na premisa de que cada un faga o que queira co seu corpo, mais isto é darlle un contexto moi liberal ás relacións humanas, obviando que o patriarcado existiu e existe, e que aínda que a súa forma cambie a extrema sexualización das mulleres que xera non busca máis que satisfacer ao home. Nin o porno nin a prostitución van dirixidas a mulleres, porque o noso placer non importa nin xera beneficios. Isto vese, por exemplo, nos vídeos pornográficos lésbicos profundamente homófobos que se orientan ao consumo de homes heterosexuais. E se se fai unha visión máis profunda, na ppornografía heterosexual o home apenas se ve nos vídeos, só se ve o que resulta atractivo para el.

Neste video faise referencia ao aumento da prostitución nos últimos anos, mais esto está intrínsecamente ligado á cultura pornográfica na que vivimos. A día de hoxe o porno mainstream trátase de abusar das mulleres do xeito máis humillante posible. Atopamos testimonios que exemplifican isto dende todos os puntos de vista:
Jersey Jaxin, aporno que conseguiu sair da industria, declarou que tivo que convivir día a día con “tipos que che golpean a cara. Tes semen de varios homes embarrado na tua cara, sobre os teus ollos. Desgárrate. Sentes que as entrañas se che saen. Non para nunca.”

Na industria do porno tamén existe a trata, é dicir, as mulleres son coaccionadas, drogadas, maltratadas e incluso violadas xa que lle prometen só realizar X prácticas sexuais con elas pero poucas veces é así, excédense. Unha vez dentro da industria é difícil escapar.

Declaración do pornógrafo Max Hardcore, “Nada me encanta máis que unha chica que insiste en que non deixará que lla metan polo cú porque.. claro que o fará!”

Bill Margold, un veterano da industria do porno e membro da Free Speech Colation declara “Gústame ensinar o que creo que os homes queren ver: violencia contra as mulleres. A maior violencia que podemos conseguir é a exaculacción na cara. Os homes teñen un orgasmo cando ven iso porque é unha forma de vengarse das mulleres que non están ao seu alcance.”

O patrocinador deste video é unha empresa de prostíbulos. Alega que se debería legalizar por mor da demanda, cando esta demanda non é por sexo, senón por ter poder sobre o corpo dunha muller, e é unha das consecuencias da cultura pornificada. Plantexan como algo moito máis lóxico para liberar á muller legalizar a prostitución, que cambiar dende a base as estructuras de poder que son o capitalismo e o patriarcado, apelando á liberdade das mulleres que queren exercer: as mulleres que exercen libramente a prostitución son aproximadamente o 10% mentras que o resto son víctimas de trata.
En que nos beneficiaría ás mulleres a legalización da prostitución? Pois ben, como a maioría son víctimas de trata, e os beneficios van para o proxeneta, a nós, en nada. Os beneficios irían tamén para o cliente, xa que unha prostitución legal obrigaríalle a facer probas ás prostitutas (que non aos puteros). Reglamentar ou legalizar a prostitución é lexitimar esta práctica social, e mediante este proceso, nunca rematará esta práctica social que privilexia aos homes, só a reforzaríamos. Ademais os estudios mostran que naqueles países onde se legalizou produciuse un aumento a nivel exponencial da trata sexual de mulleres, nenas e nenos.

E sobre as mulleres que deciden libremente? Cabe recordar que a liberdade por si mesma non existe, e que as mulleres non eliximos da nada a sumisión. Existe un sistema de poder que nos mantén sumisas, a todos os niveis, e contra iso é contra o que temos que loitar, e non perdernos en loitas individualistas que non levan a nada.

 

 

Laura Porteiro.