Pola Folga Xeral!

Van xa dous anos dende que as rúas de toda Galiza berraron a unha soa voz “Que viva a loita da Clase Obreira” cun sentido claro de botar atrás a última Reforma Laboral. Os ataques o proletariado galego seguen  estando vixentes, xa que a pesardes das grandes mobilizacións  (180.000 en Vigo, 125.000 na Coruña, 80.000 Ferrol, 30.000 Ourense e Pontevedra, e 10.000 en Lugo) que se deron naquela xornada de loita europea, o goberno do PP non recuou as súas políticas de “axuste”.

Que fixo que pasase tanto tempo sen unha xornada de loita tal coma a de 2012? Como xa dixemos as políticas de precarización da clase obreira seguiron activas, é máis, aumentouse a acción represiva do estado e intensificáronse as accións contras as clases populares galegas. Non teñen argumentos para convocar os sindicatos maioritarios?

A Reforma Laboral sigue vixente, dende aquelas o desemprego galego aumentou, o poder adquisitivo de moitas familias segue estando por baixo do umbral da pobreza, a imposición dunha tarifa xeral do IVE dun 21% que estraga sectores coma a cultura, os recortes nas pensións, os recortes na sanidade, os recortes na educación así coma a imposición da LOMCE, conxelación da lei de dependencia,  cun fraude fiscal desorbitado e cunha amnistía fiscal aos burgueses e capitalistas que teñen beneficios despois de ter estado explotando as traballadoras galegas, o rescate financeiro á banca e o non cese destes das demandas de desafiuzamentos, e por último a venda da pouca soberanía que tiña Galiza á Troika e o FMI que explotan aínda máis os sectores produtivos do país.

Dende Xeira remarcamos a necesidade dunha nova Folga Xeral, como única ferramenta que deixa este sistema de confrontación ó mesmo. Sobran máis que razóns.

A pola folga xeral!

dsc_2090 copia_web