Palestra: movemento estudantil alternativo e popular

Palestra sobre Movemento Estudantil Alternativo e Popular III

 

O próximo xoves 21 de agosto ás 19:00 na A.c. Bou Eva (Rúa Tercio de Afora, 11) estades tod@s convidad@s a unha palestra que organizamos dende XEIRA-Vigo para dar a coñecer o movemento estudantil de carácter popular e alternativo a sindicatos que coas súas prácticas antidemocráticas dan as costas ao estudantado.

Así mesmo, teremos connosco a membros activos da Delegación Xurídicas UVigo, da Asemblea Redondelá De Estudantes (ARDE) e da Asociación Universitaria Conciencia Minera da Facultade de Minas da UPM.

Esperámosvos!