Os que morren pola vida non deben chamarse mortos

No día de onte coñecíamos a tráxica noticia do vil e cobarde asasinato de Mijail Tolstiykh, alias “Givi”, un dos máis coñecidos comandantes das autodefensas de Novorossia. O asasinato súmase ao perpetrado en outubro de 2016 contra o tamén comandante das autofensas Arsen Pavlov, alias “Motorola”. Ambos asasinatos foron levados a cabo por grupos terroristas de sabotaxe dependentes dos servizos especiais de Ucraína, segundo indican as autoridades da República Popular de Donetsk. O secretario de prensa da presidencia rusa, Dmitry Peskov, asegurou que o asasinato de Givi supón un intento grave de desestabilización da situación no Donbass.

Tanto Givi  como Arsem Pavlov (alias “Motorola”) déronse a coñecer na batalla da defensa de Slavyansk a principios de 2014, e sobre todo tras a batalla do aeroporto de Donestk entre setembro de 2014 e xaneiro de 2015, formando unhas das mellores e máis efectivas unidades das autodefensas de Novorossia.

Estes asasiantos ocurren nunha escalada de violencia tras os últimos  bombardeos con artillería na zona de Donetsk-Yasinovataya-Avdeevka por parte do goberno nazi de Ucraína. Isto deixa ver que os acordos de Misnk non conseguiron parar o conflicto, que sufre constantes violacións do alto ao lume por parte do exército de Ucraína e a súa artillería.

A ceremonia fúnebre do comandante Givi, terá lugar mañá 10 de febrero no centro de Donestsk.

Ante estes viles asasinatos de Givi e Motorola, e os constantes ataques e bombardeos do exército ucraíno, dende XEIRA – Mocidade comunista Galega, amosamos a nosa solidariedade co pobo de Donbass e cos soldados das autodefensas. Como cantaba Ali Primera, “os que morren pola vida non poden chamarse mortos”.

Adiante coa heroica defensa de Donbass, NON PASARÁN!