O estado non ten portas para este mar

Dende Xeira queremos aportar a nosa pinga de solidaridade a ese mar que mañá encherá as rúas de Bilbao. Fai tempo que vimos vendo e sufrindo un incremento nas tácticas represivas do Estado Imperialista Español, e especialmente no conflicto en Euskal Herria. Frente a unha aposta pola paz atopamos unha resposta baseada na detencion de avogad@s e ilegalización de manifestacións, coma que está convocada para mañá, mais en palabras de Tantaz Tanta: “O Estado español prohibiu unha mobilización pacífica. Pero nós imos ir. Estamos decididos a conseguir a paz no Pais Vasco ”. Mañá demostrarase que nin a opresión nin a coacción deste estado poden rematar cos sentimentos dun pobo concienciado e que a súa criminalización e invisibilización non evitarán que loitemos polos dereitos das presas e presos. Por iso, máis forte que nunca : EUSKAL PRESOAK EUSKAL HERRIRA!

 

1507896_785910604770993_1846278060_n