Marie Skłodowska-Curie

Marie Curie Definitivo

María Sklodowska-Curie, máis coñecida como Marie Curie (1867- 1934), foi unha química e física polaca, posteriormente nacionalizada como francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira persoa en recibir dous premios Nobel en dous campos distintos (física e química) e a primeira muller en ser profesora na Universidade de París.

En 1891 trasládase a París para continuar cos seus estudos, onde remata as licenciaturas de física e matemáticas, converténdose máis adiante na primeira muller francesa que recibiu un doutorado.
Marie foi galardoada co Premio Nobel de Física en 1903, polas súas investigacións sobre os fenómenos de radiación, converténdose así na primeira muller en obter o galardón.
En 1910 demostrou que podía obterse un gramo de radio puro. Polo que ao ano seguinte, recibiu o Premio Nobel de Química polo descubrimento do radio e do polonio.
Marie Curie tivo unha actitude desinteresada nos seus descubrimentos, xa que non patentou o proceso de illamento do radio, deixándoo aberto á investigación da comunidade científica.

Durante a Primeira Guerra Mundial Curie promoveu a radioloxía como ferramenta médica para tratar aos soldados feridos e percorreu os hospitais para axudar aos cirurxiáns coas novas técnicas radiolóxicas. Os seus descubrimentos e o seu legado, que mudaron o curso da ciencia na súa época, seguen vixentes ata o día de hoxe.
Marie Curie sufriu unha anemia perticinosa causada polas longas exposicións á radiación e morreu o 4 de Xullo de 1934 na Alta de Saboia (Francia).