LIBERDADE PRESAS COMUNISTAS XA! A solidariedade é a tenrura dos pobos.

Hoxe espertabamos coa nova de que 8 comunistas internacionalistas de diferentes partes deste estado eran detidos nas súas casas de madrugada. O seu único delito foi participar e apoiar a loita dos antifascistas de Donbass fronte o avance dos mercenarios fascistas na Ucraína a soldo do imperialismo. Por si non foran poucas as penurias que as que se viron sometidos trala súa participación no conflito, o Estado Imperialista Español recíbeos secuestrándoos dos seus fogares.  A reforma da xustiza que fai pouco se realizaba xustificándose na necesidade de combater o yihadismo rebela a súa verdadeira natureza, unha estratexia para represariar a aqueles militantes que tiveron o valor de arriscar a súa vida na loita contra o fascismo.
Mentres a  estado renuncia da capacidade de aplicar a xustiza universal para condenar crimes de lesa humanidade, aplica unha lexislación para condenar as comunistas e as militantes internacionalistas. Faise imprescindible facer unha firme condena destas detencións e esixir a inmediata posta en liberdade das presas. LIBERDADE PRESAS COMUNISTAS XA! A SOLIDARIEDADE E A TENRURA DOS POBOS!