Liberdade para o Raul

Na xornada de onte produciuse unha nova agresión do Estado Español contra a esquerda independentista. Desta volta o peso do aparello represivo títere da oligarquía recaeu sobre o compañeiro Raúl A.C. A sentenza que por suposto non ditou ningún xuíz senon os medios de comunicación do réxime, que non dubidaron un segundo a súa miserenta lealdade ao amo que lles da de comer, sinalando ao mozo cos estigmas propios dunha agresiva ditadura do capital contra a súa disidencia.

A criminalización e persecución política á que nos vemos sometidas as que non queremos colonialismo, capitalismo e patriarcado obriganos a artellar entre todas una estratexia anti-represiva ampla, sen sectarismos, sen exclusións e que non sexa lexitimador (nin deslexitimador) de ninguna estratexia política concreta, no que entre outros se plasmen as reinvidicacións democráticas mínimas que o independentismo de clase ven sostendo históricamente e que hoxe facemos nosas:

Fin do réxime FIES e CIES.

Fin da dispersión.

Abolición da lei de partidos.

Abolición da lei “anti-terrorista”

Peche do tribunal herdeiro do fascismo “Audiencia Nacional”

Absolución para todas as procesadas polas loitas obreiras e democráticas.

Amnistía presas políticas.

Liberdade para o Raul!

bebebebbebebe