II Congreso Nacional de Xeira

DSC_0621
Dende Xeira queremos resaltar a nutrida resposta que tivo o suceso do noso II Congreso, tanto no plano cuantitativo onde o crecemento dende o Congreso Constituínte até hoxe segue subindo de forma exponencial; como no cualitativo onde se produciron debates constructivos, avanzados e ricos que contribuíron a consolidar e reforzar a nosa liña ideolóxico-política.
Gustaríanos destacar entre os resultados do congreso a nosa profundización no marxismo-leninismo como ferramenta teórico-práctica para a construcción da máis que necesaria ferramenta independente da nosa clase, a vixencia da necesidade  de seguir apostando pola construcción do Partido de Novo Tipo en Galicia cos ollos postos na Independencia Nacional en forma de República Galega, a superación do Patriarcado e a construcción do Socialismo e do Comunismo no mundo.
Como aposta táctica queremos seguir reforzando a Unidade Popular Galega en todas as súas formas e de maneira multisectorial, usando a nosa liña comunista e independentista para implementar posicións de clase e emancipatorias que contribúan a elevar o discurso da Ruptura Democrática, fuxir da axenda mediático-institucional do Réxime, fuxir do institucionalismo, profundizar na Autoorganización Nacional e Popular, democratizando de forma soberana o noso movemento, artellar o espazo de ruptura no plano sindical, sociomovimentístico, cultural, feminista, xuvenil e estudantil coas impugnacións e creacións necesarias. Nesta liña queremos parabenizar e resaltar a creación neste proceso intercongresual da Plataforma Feminista Galega e da Asemblea Nacional das Estudantes Galegas, das Mareas Municipais,e o reforzamento da nosa relación política e orgánica coa FPG.
Comité Central de Xeira.