Homenaxe popular a Moncho Reboiras

Como en anos anteriores, a organización da mocidade comunista Xeira e a Frente Popular Galega convocamos unha homenaxe popular á figura de Moncho Reboiras no 40º aniversario do seu asasinato en mans da policía española. Farémolo de novo en Teis por ser este barrio obreiro da comarca viguesa o lugar onde o camarada Reboiras pasou a maior parte da súa vida e onde comezou a traballar e militar no compromiso popular e nacional por unha Galiza ceibe, independente e socialista.

Para o arredismo de clase, representado no noso País por Xeira e a FPG, a lembranza de Moncho Reboiras mantén aceso o mellor da loita pola emancipación social das clases traballadoras ligada coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa cultural do noso pobo, sen dúbida, piares estes sobre os que se alicerza a
democratización radical da nosa sociedade.

Celebraremos, entón, unha homenaxe popular que comezará cun acto político o sábado 15 de agosto ás 12.30 horas na Praza do Toural -mercado de Teis- e que continuará, de seguido, cun xantar autoxestionado no Parque da Riouxa.

Farémolo porque canda Reboiras, en 2015, e canda a todas as persoas que deixaron o mellor da súa vida no combate político, cultural e sindical contra o fascismo e por unha Galiza ceibe e popular. A loita continúa!

 

probafin