Gerda Taro

gerdamarco

Gerda Taro, nada en Stuttgart(Alemaña), foi unha das primeiras mulleres que gozou de recoñecemento como foto-xornalista. O seu nome real era Gerta Pohorylle.

A pesar das súas orixes burguesas, desde moza, formou parte de movementos socialistas e obreiros. Así, coa chegada dos nazis ao poder, e, despois de sufrir unha detención, decidiu fuxir a París cunha amiga en 1933.

En París, coñeceu por casualidade André Friedman, un xudeu húngaro que estaba tentando gañarse a vida como fotógrafo. Gerta e André comezaron unha relación que duraría ata a morte da fotógrafa. Foi en 1936, no estado español, cando ambos decidiron cambiar os seus nomes, supostamente inspirados por Frank Capra e Greta Garbo.

En agosto de 1936 Gerda Taro e Robert Capa chegaron ao estado español pola súa propia conta, durante a Guerra Civil. O seu obxectivo era documentar a causa antifascista para a prensa francesa.

Taro tornouse nunha adiantada do foto-xornalismo. A súa breve carreira componse case exclusivamente de fotos dramáticas das frontes da Guerra Civil.

O seu estilo da última etapa é similar ao de Capa. A pesar de que ambos difiren no interese pola composicións formais que tiña Gerda. Outra diferenza entre eles é o grao de intensidade co que fotografaban a realidade da guerra. Ela fai fotografías moito máis crúas ca el.
Gerda Taro e Capa viaxaron polos frontes republicanos, tanto xuntos coma por separado. Ao final do 36, comezaron un traballo que consistía en que Capa gravaría cunha cámara mentres ela tomaba fotografías. Traballaron tan de preto que moitas das imaxes da película son moi similares ás imaxes tomadas pola fotógrafa.

Taro morreu en 1937 na Batalla de Brunete atropelada por un tanque. Foi a primeira fotógrafa muller que morreu mentres informaba dunha guerra.