Gamonal, exemplo de dignidade e solidariedade

Os últimos días vimos comprobando como  ao Estado se lle rematan as ferramentas para frear a combatividade e a concienciación das traballadoras. Ata fai pouco unha actuación de roubo público como a que se pensaba facer no barrio de Gamonal pasaría desapercibida e a invisibilizacion e falta de solidariedade solucionarían o conflito. Mais neste caso existiu unha resposta contundente, e  as veciñas deron un exemplo de loita cunha mobilización continua, sen medo nin  ás agresións nin ás detencións dos mercenarios do capital, apoiando ás represaliadas e facendo medrar as manifestacións día a día. Nin as mentiras da prensa burguesa puideron frear a ola de solidariedade que percorre o Estado e ameaza con anegar as rúas, como onte ocorreu en Madrid. Os pobos e as clases traballadoras neste Estado espertan, organízanse e loitan. Empregan as ferramentas que o proletariado ten para triunfar na súa guerra contra o Capital e lograr a súa emancipación. E nós, dende Xeira, entendemos que unha das armas máis importantes que ten o pobo traballador é a solidariedade. Por iso animámosvos a participar nas concentracións en apoio á loita do barrio obreiro burgalés de Gamonal e de todas esas faíscas que prenden e prenderán. Gamonal resiste!

GAMONAL