Folga Estundantil 26 F

Este ano temos a boa nova dunha folga estudantil unitaria a nivel nacional, onde organizacións de todas as cores e máis as asembleas abertas de estudantes convocaron conxuntamente e traballaron xuntas nos diversos comités de folga e asembleas do país. Agardemos que sexa un paso na dirección de artellar un movemento estudantil forte nacional, unitario, que non responda a intereses alleos ao estudantado e que non se deixe chantaxear polas subvencións do estado.
Organízate no teu centro de estudos, fala coas túas compas de clase, reparte propaganda, fai piquetes e mobilízate o día da folga nas diferentes manifestacións do país.
Baleiremos as aulas de estudantes o día 26 para enchelas de educación pública, non patriarcal, en galego e de calidade todos os días do ano.
26 F Folga estudantil!10336710_1546746295579032_933535131753654996_n