En solidariedade co compañeiro Héitor Naia

Onte o Estado Español agasallábanos cunha triste nova; a detención do independentista Heitor Naia, “O Koala” en Portugal, no intre no que supostamente ía fuxir a República Bolivariana de Venezuela para evitar os anos de cadea aos que xa foi condeado polo tribunal fascista “Audiencia Nacional”, unha condea sen probas materiais, só amparada por unhas declaracións dubidosas.

Esta detención de marcado carácter político, igual que todo o proceso de criminalización do independentismo galego, e de todo proxecto emancipador, móstranos a faciana especialmente represiva deste Estado, incluso comparadas co resto de ditaduras do capital que nos rodean.

Fronte a isto dende Xeira solidarizámonos co compañeiro Héitor Naia, e coa súa familia, amigas e compañeiras e esiximos a súa inmediata posta en liberdade, ademáis de facer nosas as reclamacións históricas do independentismo de clase en cuestión antirrepresiva:

– Fin do réxime FIES e CIES.
– Fin da dispersión.
– Abolición da lei de partidos.
– Abolición da lei “anti-terrorista”.
– Peche do tribunal herdeiro do fascismo “Audiencia Nacional”.
– Absolución para todas as procesadas polas loitas obreiras e democráticas.
– Amnistía presas políticas.

Finalizamos o comunicado convidando a todos a acudir as concentracións
convocadas Para o día de hoxe:

Burela: Praza do Concello ás 20:30
Compostela: Praza do Pan ás 20:30
Ferrol: Praza do Concello ás 20:30
Ourense: Praza do Ferro ás 20:30
Vigo: Farola de Urzáiz ás 20:30
Lugo: Praza Maior 20:30
A Coruña : Obelisco 20:30pu