Dereitos nacionais, en todas as trincheiras.

Na semana que entra teremos en Galiza un dos maiores símbolos de españolización e alienación mediática da última década: a selección española e masculina (como non) de fútbol. Moitas veces, as denuncias deste tipo foron tachadas por sectores da esquerda de protesta estética, pero nada máis lonxe da realidade. A reprodución ideolóxica da oligarquía a través deste evento é masiva, polo que non podemos deixar pasar a ocasión, dende un punto de vista patriótico, de clase e feminista, de recoller as reivindicacións históricas do independentismo de clase:

Deporte galego: oficialidade a todos os niveis da totalidade de deportes das nosas seleccións nacionais.

Deporte popular : é urxente eliminar a elitización do deporte, tanto dende un punto de vista do practicante, subvencionando o deporte de base, potenciándoo no ensino e nos barrios, como do espectador, eliminando prezos restritivos para a clase traballadora.

Deporte mixto: facer que desapareza a patriarcalización da sociedade a través do deporte, potenciando equipos, onde se elixa a persoas, independentemente do sexo por igual e onde participen en igualdade de condicións.

Por todo isto, nós rexeitamos esta visita colonizadora e patriarcal a Balaídos, sendo por isto aínda maior a provocación ao tratarse historicamente dunha bancada antifascista e patriótica.
Fóra a selección española de Galiza!

unnamed