Contra a represión, organización

10293670_1500852056835123_4728336867983795093_o

Onte ás 11:30 da mañá foi detido no casco vello de Compostela un compañeiro de Xeira cando se dirixía a unha asemblea na súa facultade. A esta detención sumaríase a do compañeiro de Briga detido tamén na porta da súa facultade. En todo momento os corpos represivos negáronse a comunicar o motivo  da súa detención así como en que momento ían ser postos en liberdade.

Os motivos alegados foron os sucesos acontecidos durante a visita de Feijóo á USC nos que, fronte a unha masiva resposta do estudantado, supostos policías, que en ningún intre se identificaron coma tal, procederon a tentar de disolver  a mobilización mediante o medo. Mais fracasaron no seu intento e a protesta continuou, sen conseguir que o estudantado retrocedese.

Os sucesos posteriores son froito dunha estratexia policial, coa que entenden que o método para atacar a mobilización popular ten que ser a base de represalias cara aquelas capas máis concienciadas do estudantado co fin de neutralizar as protestas.

A detención de militantes políticos non é aleatoria, trátase dunha estratexia calculada para sementar o medo onde máis dano pode facer co fin de acadar o seu obxectivo: rematar coa resposta fronte as súas agresións e, neste caso, rematar o movemento estudantil.

Dende Xeira reclamamos a total absolución dos compañeiros detidos  pola súa participación nesta protesta estudantil, e animamos a todas a solidarizarse e apoialos.