Construíndo feminismo de clase, hoxe e sempre!

O 8 de marzo está sinalado como o dia da muller traballadora.
Nesta data todas nos lembramos da traballadora doméstica, da prostituta explotada, da nai de familia… de toda esa outra metade da poboación mundial ignorada e maltratada.
Mais non podemos deixar que a reivindicación dos dereitos da muller se reduza a unha data máis marcada no calendario.
A loita feminista é e debe ser diaria e constante.
As mulleres traballadoras galegas temos a responsabilidade histórica de rachar coa nosa triple opresión, dada pola nosa condición de mulleres nun mundo deseñado por e para homes, pola nosa condición de explotadas dentro do sistema capitalista, e pola nosa condición de galegas dentro dun estado que nos oprime como nación.
Dende Xeira queremos aproveitar este 8 de marzo para facer un chamamento á xusta rebeldía, á loita incesante contra o capitalismo e contra o patriarcado, sendo conscientes de que ambos están fortemente relacionados.
Facemos nosas, hoxe e todos os días do ano, as verbas de Louise Kneeland “A socialista que non é feminista carece de amplitude. A feminista que non é socialista carece de estratexia.”

Viva a loita feminista!

 

1622801_1412763332310663_868919385_n