Como interpretar a política de Reforma e Apertura de China no 70 Aniversario do triunfo da súa Revolución Nacional Democrática?

A Revolución é a valentía de actuarÉ necesario recoñecer o atraso dos comunistas europeos na comprensión dos fenómenos sociais e políticos que acontecen na China Popular. Isto débese, na miña opinión, a varias razóns: a primeira é o baixo nivel de manexo do materialismo dialéctico por parte dos comunistas, entre outras debilidades ideolóxicas; o segundo é a división do Movemento Comunista Internacional que puxo a China fora do ángulo de visión dos partidos comunistas occidentais ao ser rival da Unión Soviética cuxa destrución tampouco os comunistas europeos fomos capaces nin de prever nin de previr; o terceiro é o certo desinterese histórico dos propios comunistas chinos en explicar os complexos procesos nos que estaban envoltos, o que resulta comprensible dado a pouca axuda internacionalista que o Movemento Comunista Internacional está en condicións de ofrecer as súas necesidades organizativas, ideolóxicas e políticas. Parecería que hoxe os camaradas chineses séntense cada vez máis na necesidade de dar a coñecer as súas realidades e conquistas sen deixar o campo libre aos imperialistas para que difamen nos terreos ideolóxico, académico, de propaganda e política esta rica experiencia socialista.

Non se pode entender a actual política do Partido Comunista de construción do “socialismo con características chinesas” sen comprender a natureza dos cambios realizados no país tralas primeiras reformas iniciadas no 1978 baixo o liderado do dirixente Deng Xiao Ping que sendo quen posuía o poder non tiña os cargos máis relevantes formais nin no Partido nin no Estado naquel momento. Tampouco pódense comprender estas reformas sen avaliar a política económica e social do Partido dende que fundou a República Popular o 1 de outubro do 1949.

E tampouco podemos entender o fenómeno sen manexar os rudimentos do socialismo científico, o materialismo histórico e o materialismo dialéctico, que foi, en xeral, a base teórica empregada polo Partido chinés para elaborar as súas políticas.

O primeiro rudimento é que en China no 1949 non se viviu unha Revolución socialista que levou ao poder á clase traballadora nin a unha alianza obreiro-campesiña como foi o caso na URSS, Iugoslavia o Checoslovaquia. Tratouse dunha Revolución Nacional Democrática apoiada polo campesiñado e en base a unha alianza da maioría da sociedade baixo dirección do Partido para sacar a un gran país oprimido, semi colonial e semi feudal das garras do imperialismo occidental e destruír a súa estrutura social atrasada.

Os pensadores do marxismo e teóricos da Revolución conciben inicialmente que esta triunfaría en Alemaña no século XIX e incluso impulsaron a primeira gran loita obreira revolucionaria chamada “Comuna de París” no 1878 que rematou nun baño de sangue a mans da burguesía reaccionaria. A realidade é que a burguesía unida á feudalidade que subsistía nos países europeos esmagou violentamente todo intento do entón mozo proletariado europeo aliado ao campesiñado e á pequena burguesía revolucionaria de tomar o poder político. Así foi desde 1878 ata 1949 no que nosa Guerra Nacional Revolucionaria foi anegada en centenares de miles de mortos que aínda estamos recollendo en cunetas, fosas e montañas.

Ten que ser Lenin o que teorice xenialmente ca Revolución triunfa no “eslabón débil” da cadea imperialista. O primeiro “eslabón” en saltar foi o ruso como xa predixo Engels ao final da súa vida. O segundo, no 1920, o pouco coñecido mongol onde xurdiu unha República Popular. O terceiro o leste europeo, o coreano e o norvietnamita trala derrota do fascismo alemán e xaponés no 1945. O cuarto o chinés no 1949, o país máis poboado do planeta. E seguiu saltando en varias partes tras grandes loitas, aínda que non sempre seguiran un rumbo abertamente socialista ou se produciran derrotas e retrocesos: Cuba, Alxeria, Siria, Exipto, Libia, Etiopía, Vietnam no seu conxunto, Güiana, Granada, Angola, Iraq, Iemen, Nicaragua, Irán, Afganistán, Mozambique, Guinea Bissau, Venezuela, Bolivia, Nepal,… En Portugal parecía que no 1974 avanzábase cara unha revolución socialista no país da OTAN, pero o imperialismo non tivo moita dificultade en frear esa posibilidade.

Pero na China non estaban na arena política e social os actores concibidos por Marx e Engels para facelo socialismo no corto e incluso mediano prazo. Pero se os actores para construír a denominada polo Partido chinés “Nova Democracia” e acometer as tarefas nacionais, antifeudais, sociais e democráticas para unha inevitablemente longa transición ao socialismo e ao comunismo.

O socialismo científico é a socialización dos grandes medios de produción no marco da construción dunha sociedade que tende a abolir as clases e basearse na igualdade social e nunha nova superestrutura ideolóxica. China para empezar nin tiña unha clase obreira significativa nin case medios de produción significativos que socializar. Sen contar seus largos séculos de feudalidade que condicionaban unha mentalidade e superestrutura ideolóxica feudal e nalgúns casos semi colonial (seguímolo vendo hoxe na burguesía pro norteamericana da provincia chinesa de Taiwán, da ex colonia británica de Hong Kong e sectores fascistas do Tíbet e la provincia de Xinjiang, os terroristas uigures que son dos máis perigosos que invadiron Siria). A tarefa central era liberar as forzas produtivas no marco dunha ampla alianza que incluía a tódalas clases nacionais a excepción da burguesía compradora e terratenente ao servizo do imperialismo xaponés e occidental. E sobre unha nova economía potente e florecente construír una ideoloxía patriótica e revolucionaria sustentada cientificamente no Marxismo-Leninismo. No caso chinés é unha construción viva que se nutre cos aportes colectivos do Partido e do Pobo que levan o apelido dalgúns dirixentes: “Pensamento Mao Zedong, teoría de Deng Xiao Ping, importante pensamento da Tripla Representatividade, Concepción científica do desenvolvemento e o pensamento de Xi Jinping sobre o socialismo con características chinesas da nova época”.

O dogmatismo e ignorancia por parte dalgúns que se pretenden comunistas sen selo esixiu a China a construción acelerada dun socialismo perfecto para o que non había condicións mentres que nos seus propios países foran incapaces de saír da irrelevancia política, non digamos nada de achegarse a tomar o poder.
Non coñecen as clases sociais da China antes da vitoria revolucionaria nin os estudos que realizaron os comunistas deste país para coñecer profundamente a complexa sociedade que debían cambiar e emancipar. Fixeron grandes aportes ao marxismo sendo o principal utilizalo dunha forma creativa para comprender as contradicións sociais sobre as que fundamentar a súa liña de acción política.

O Partido chinés iniciou un camiño inédito e avanzou con acertos e errores tan grandes os uns como os outros. É verdade que puido sacar proveito da capacidade industrial de punta construída pola Unión Soviética nos anos 20, 30 e 40, da súa solidariedade e da súa experiencia política. Pero os comunistas chineses seguiron o seu propio camiño.
Tras avaliar como unha catástrofe o proceso chamado “Revolución cultural proletaria” que tivo lugar do 1966 ao 1976 lanzouse a unha política de reforma que se baseaba en varios piares:

  • Chamar novamente á burguesía nacional a unha alianza política co campesiñado e o proletariado baixo a dirección del Partido para impulsar as forzas produtivas.
  • Realizar unha reforma agraria fundamentada na substitución das comunas campesiñas colectivas que non conseguiran impulsar o desenvolvemento agrícola, pola explotación familiar como eixo produtivo sen alterar a propiedade socialista pública da terra.
  • Favorecer a chegada do capital estranxeiro para dinamizar o desenvolvemento produtivo e aportar o necesario know how para construír unha industria moderna capaz de exportar.
  • Manter os elementos centrais da economía, en particular a terra, industria e banca, baixo control do Estado e do Partido en condicións de propiedade estatal e pública.
  • Privatizar unha parte no esencial da economía, en particular os servizos, co obxecto de sanear as contas do Estado e poñer en marcha un socialismo de mercado no que concorren forzas produtivas nacionais non públicas.

O obxectivo era claro: fortalecer, modernizar e impulsar o tecido económico e, en particular, a súa capacidade industrial, científica e técnica sen esquecer o reforzo esencial da capacidade chinesa de producir alimentos, medicinas, educación, vivenda, servizos e cultura para unha poboación xigantesca cuxo crecemento exponencial puido ser controlado grazas á política de “Fillo Único” do Partido.

Foi un proceso sumamente complexo no que xurdiron problemas sociais inéditos, novos fenómenos negativos descoñecidos na etapa anterior, contradicións de distinto tipo, unha recomposición do tecido social, crise políticas serias dentro e fora do Partido e inxerencias do imperialismo que tratou de aproveitar algunhas posicións novas obtidas por vía das súas empresas no interior da sociedade chinesa para quitar estabilidade á política do Partido e votalo do poder. O levantamento contrarrevolucionario da Praza de Tien An Men en Beijing no 1989 tivo que ver, non só coa contrarrevolución que levantaba a cabeza no leste europeo, senón coas deficiencias no proceso de construción económica e de educación política de cadros no medio desa “Reforma e Apertura” na que se implicou o Partido chinés. As dificultades e crises internas serias do Partido chinés tampouco foron novidade nin chegaron neste período de “Reforma e Apertura”. O acompañan dende os anos 20 do século XX, pero as souberon superar e sacar ensinanzas que lles fortaleceron ata ser hoxe o faro máis esperanzador do socialismo mundial despois da caída da URSS.

Quen fora un dos máis importantes dirixentes do Partido, Bo Xilai, escoitando a súa condena por corrupción. Penetración de ideas corrompidas no Partido e a súa depuración.

Analicei estes fenómenos complexos no meu libro El pájaro en la jaula. La burguesía en la República Popular China que por participar eu persoalmente no proceso antiimperialista venezolano en persoa durante 11 años non tiven a oportunidade de presentalo directamente e pasou desapercibido.

É necesario recoñecer que me inspirei nalgunhas investigacións que, cunha base marxista sólida, souberon interpretar estes procesos. Refírome en particular ao libro do militante do Partido do Traballo de Bélxica Peter Franssens ¿Hacia dónde va China? baseados na concepción científica non dogmática do fundador deste Partido, Ludo Martens, que soubo distanciarse do seu maoísmo inicial, e outras aportacións publicadas na súa revista ideolóxica de alto nivel Etudes Marxistes que lamentablemente decidiu que deixe de publicarse e incluso de estar dispoñible na rede. Os comunistas cubanos, vietnamitas, laosianos e, supoño, que tamén os nepalís estudaron con detención o modelo chinés de “Reforma e Apertura” dado que conseguiron impulsar de maneira decisiva as forzas produtivas, modernizar a sociedade e construír a base material do reforzamento da Ditadura Democrático Popular chinesa. Xa Vietnam tiña dende os anos 80 o seu propio proceso relativamente parecido. O proceso cubano de “Actualización do modelo económico” ten unha clara influencia chinesa.

Outros partidos occidentais como o World Workers Party dos Estados Unidos e o seu dirixente Fred Goldstein e o PC de Gran Bretaña (marxista-leninista), a Academia cubana dependente do seu Partido Comunista e investigadores independentes como Samir Amín, o catedrático da Universidade de Vigo José Luis Outero Ruso e outros tamén produciron materiais de interese.
O impulso das forzas produtivas foi o norte para sentar as bases dunha “sociedade modestamente acomodada na primeira fase do socialismo” por empregar a terminoloxía oficial chinesa. A nova prosperidade xerada polos éxitos económicos, financeiros e produtivos trouxo consecuencias altamente positivas:

  • Xa o país non necesita tan imperativamente do capital imperialista como nos anos 80 e 90, e se decide marcharse en pos da obtención de maior taxa de plusvalía non prexudicarían á economía chinesa.
  • As condicións de vida dos traballadores melloraron considerablemente.
  • A capacidade financeira e económica do Estado permitiu sacar da pobreza a decenas de millóns de persoas das zonas máis atrasadas dese inmenso país.
  • Esta capacidade, consecuencia da nova política de Reforma e Apertura, permitiu ao Estado grandes inversións en infraestruturas de diverso tipo que teñen como consecuencia que o seu pobo aumente a súa capacidade de compra da súa industria para no ter que depender das inevitables crises cíclicas e dos seus principais clientes, os centros imperialistas da Unión Europea, Xapón e Estados Unidos.
  • China impuxo regras capitalistas na súa relación comercial e empresarial cos países capitalistas occidentais desenvolvidos pero outras regras máis solidarias cos países subdesenvolvidos de África, Asia, América Latina e o Caribe. Coñece ben a condición de miseria dos países semicoloniais e semifeudais atrasados porque era a súa ata o 1949.
  • A súa forza financeira e comercial permítelle desafiar a hexemonía económica dos monopolios imperialistas occidentais, en particular os estadounidenses.
  • A súa capacidade económica, plena integración na económica mundial e relacións políticas amplas con todo tipo de países permitiulle lanzar unha ofensiva económica sen precedentes chamada a Nova Ruta da Seda, que pon a China como vangarda da modernización económica a nivel internacional.
  • A mellora continua das condicións económicas consolidou a situación política, o prestixio do Partido e o réxime de Ditadura Democrática do Pobo que é como se define en China ao sistema político. O Partido analizou profundamente que as condicións de estancamento económico, crise financeira, o desabastecer e a escaseza dos países socialistas europeos nos anos 80 favoreceron os procesos contrarrevolucionarios que terminaron por botar do poder aos partidos comunistas e converter a estes países en neocolonias do imperialismo da OTAN. Os comunistas chineses entenderon cabalmente que a base material é a estrutura da sociedade e determina a superestrutura, o que desgraciadamente non tiveron en conta en aqueles anos os comunistas soviéticos, polacos, iugoslavos, albaneses e dos outros países socialistas.
  • Cambiou a localización mundial económica e, polo tanto, política de China como potencia non xa emerxente senón plenamente emerxida capaz de xogar nun rol central na economía mundial, de contención ás inevitables crise cíclicas do capitalismo, de oposición ás políticas especuladoras e saqueadoras dos monopolios occidentais e de impulso aos plans e desexos de modernización económica e social dos países da maioría da Humanidade, do Terceiro Mundo oprimido por séculos de dominio capitalista e imperialista occidental. Quedaron moi lonxe os tempos en que a China maoísta sometíase ás políticas antisoviéticas de Nixon e Kissinger, atacaba cunha certa traizón a Vietnam e sometíase humillada a provocacións como o bombardeo por parte da OTAN da súa embaixada en Belgrado no 1996. China é hoxe con Rusia un piar do mundo antiimperialista multipolar que ofrece enormes posibilidades. O fortalecemento xeopolítico de China crea as condicións para un avance progresista da Humanidade: a reconstrución dos Partidos Comunistas, a reorganización do movemento obreiro e o avance do Movemento de Liberación Nacional das rexións sometidas ao domino neocolonial .
  • Provocou unha reacción cada vez máis furiosa e agresiva do imperialismo occidental que se sabe nun período de retroceso da súa hexemonía. A súa ala “de esquerda” acusa a China de ser un novo explotador do Terceiro Mundo mentres que as súas forzas militares despréganse de forma agresiva en torno as súas fronteiras e actívanse sancións e medidas económicas agresivas na súa contra. Todo isto non son máis que indicadores do éxito da vía chinesa ao desenvolvemento socialista que parece estar nun momento álxido baixo a dirección do camarada Xi Jinping.

En todo caso os procesos sociais do país máis poboado do Mundo son de tal complexidade que requiren dun seguimento e avaliación constante dos centros de investigación orgánicos dos que debería dotarse o Movemento Comunista Internacional a fin de determinar as súas orientacións e evolucións. E para iso non fai falla necesariamente estar no poder. Require de claridade política e capacidade organizativa. Xa citamos o caso do PT belga que no seu momento acometeu a tarefa, aínda que neste momento estableceu lexitimamente que a súa prioridade é a do seu propio país, que por certo acomete coa mesma brillantez e éxito como os que tivo nos 90 para realizar os debates ideolóxicos indispensables para enfrontar a brutal ofensiva anticomunista de entón.

Dicir tamén que, nun país como Venezuela, aínda que o intentei non conseguín impulsar o estudo sistemático e rigoroso da evolución chinesa no seno dos centros de investigación, universitarios e políticos nos que estiven vinculado, a pesar de ser unha necesidade urxente para poder orientar con éxito o seu propio modelo de desenvolvemento sometido á acometida total do imperialismo, como é coñecido por todos. Non é estraño. Tampouco as primeiras fases de consolidación e defensa de procesos revolucionarios como os de Cuba, Nicaragua, Chile (ata o 1973), Iugoslavia (ata o 1990), Unión Soviética e a propia China podían plantexarse determinadas tarefas estratéxicas mentres aceleraban problemas cotiás graves e vitais. Todo ten o seu momento. Manexar o coñecemento científico e a capacidade de investigación, xunto á acción política entre as masas, son requisitos para a acción política comunista como o deixou claro a Internacional Comunista nos anos 20 e 30.

O Partido chinés evidenciou disfrutar dunhas raíces populares e nacionais profundas que son a base do seu éxito político e económico. Fortaleza que non tiveron os comunistas iugoslavos, búlgaros, polacos, húngaros, romaneses, albaneses, este alemáns, soviéticos e mongois que foron derrotados nos difíciles anos de 1989 a 1992.
Si o socialismo salvou a China, hoxe China tras máis de 40 años de política de “Reforma e Apertura” salvou ao socialismo.

José Antonio Egido