Aniversario do asasinato de Guillem Agulló

 

guillem

Guillem Agulló, militante independentista de esquerdas no País Valencià, asasinado en mans dun grupo de fascistas o 11 de abril de 1993.

No xuizo, unicamente foi condenado Pedro José Cuevas Silvestre, autor confeso das puñaladas que acabaron coa vida de Guillem, quedando absoltos os demais integrantes do grupo. Días máis tarde, outro dos membros deste grupo fascista, Jose Manuel Sánchez, participa nunha nova agresión con arma branca.

No xuizo, o pai de Guillem alegou que o seu fillo estaba ameazado por varios partidos e grupos fascistas. Os xuices rexeitaron dita alegación, non aceptando que o asasinato tiña motivos políticos e reducindo a agresión a unha simple pelexa xuvenil, polo que a sentencia a Pedro Cuevas foi só de 14 anos. Deses 14 anos, pasou unicamente catro en prisión.

O asasino fascista Pedro Cuevas, unha vez saíu do cárcere, presentouse a unhas eleccións municipais polo partido Alianza Nacional. Posteriormente foi detido na famosa Operación Panzer, na que se lle foron incautados brazaletes con esvásticas, dagas nazis, puños americanos e diferente simboloxía ultradereitista.

Outro dos implicados no asasinato, Manuel Canduela, preside actualmente o partido político de extrema dereita Democracia Nacional.

A día de hoxe, a ultradereita valenciá mantén o acoso á familia de Guillem. Cada aniversario do crime reciben puntualmente unha chamada; diante da súa casa aparecen pintadas cruces célticas e frases como: «Moriréis como vuestro amigo»; reciben cartas anónimas con ameazas etc.

NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA. CONTRA O FASCISMO, NIN UN PASO ATRÁS!

22 ANYS NO ENS HAN FET OBLIDAR-TE.
GUILLEM AGULLÓ, NI OBLIT NI PERDÓ!