Amnistía!

Nas últimas horas vimos de coñecer a detención de Maria Osório da bisbarra galega do Bierzo. Esta terrible noticia require de tecer lazos de solidariedade con todos os elementos conscientes da clase obreira e dos sectores populares, pois sabemos que a loita anti-represiva require de xenerosidade de miras e do apoio fraternal por encima de siglas, tácticas e ideoloxicismos.

A independentista Maria Osório, na clandestinidade fai un mes, condeada a case unha década de prisión acusada de ser terrorista sen caer sobre ela ninguna acusación material concreta, só a abstracción “terrorista”, paradoxo que só pode ocurrir nun estado como o español onde a AN, tribunal político herdado directamente do fascismo, cun cambio de nome do franquista TOP, é o encargado de poñer estas etiquetas sobre a disidencia.

Non esquezamos ás decenas de presas políticas que estiveron na cadea dende a reforma política do franquismo, moitas delas sen delitos de sangue algún, só pola súa militancia política en organizacións revolucionarias, como son os casos do independentismo de clase, do PCE(r) e das organizacións de carácter libertario, con casos de tortura e sobre todo de criminalización política e castigo a familiares coa dispersión.

Por todo esto dende Xeira esiximos uns mínimos democráticos:

-Liberdades políticas plenas.

-Absolución a todos os procesados das loitas obreiras e democráticas.

-Cese das torturas e cumplimento dos DDHH.

-Fin da dispersión.

Amnistía para todas as presas políticas!

 

bebebebbebebe