Liberación de Aleppo e Guerra Siria

02535874_xl

Día 7 de decembro de 2016, tras máis de catro anos e medio do inicio da Batalla de Aleppo na xa coñecida como Guerra Civíl Siria, (“xa coñecida como” porque non sempre se lle coñeceu con ese nome) o Exercito Sirio xunto coas forzas aliadas de Hezbollah, Rusia, China, Cuba e outros actores internacionais, logran por fin o que vai ser o punto de inflexión da Guerra: gañar a Batalla de Aleppo.

Vendeuse, e séguese a vender este conflito, baixo unha nomenclatura diferente a día de hoxe aínda que cunhas connotacións semellantes, como unha das “Revolucións cidadás”, de “Indignados contra o fanatismo”, ou como unha das “Primaveiras Árabes” o que en última instancia só foi (recoñecido por Hillary Clinton e os EEUU) o financiamento dunha insurreción armada que agora integran o Exército Libre Sirio e a facción de Al Qaeda en Siria Al-Nusra, ademáis do Estado Islámico.

Isto non foi só recoñecido pola propia Hillary, foi ademais demostrado tras sabotaxes informáticos que revelaron esta información.

Empregando sempre o argumento do pobre pobo asoballado baixo unha terrible ditadura islamista, que reprime sen pudor á xente que só quere unha vida mellor, procurase conseguir unha maior credibilidade a ollos da poboación aproveitando o medo latente ao islamismo, que ao contrario do que os medios din non está representado polo Goberno Sirio, o cal é o último goberno laico de Oriente Medio tras o saqueo do país ao que acusaban da mesma doenza: a Libia de Gadaffi (tamén laica).

Acusouse a Rusia de bombardear hospitais cando son as forzas da OTAN as que levan bombardeandoos en Palestina xa moito tempo, en Irak e en Siria antes da entrada de Rusia, mais (curiosamente!) xusto na entrada de Rusia é cando se empeza a falar disto.

Xa pasaron os anos das mentiras sobre as armas químicas do goberno Sirio que foran entregadas nun acordo con occidente: era occidente quen as usaba. Recorda a cando se acusou a Irak de ter armas nucleares para empezar unha Guerra de suposta “democratización” do país e que só serviu para o saqueo dos seus recursos, patrimonio histórico e cultural e a morte dun millón de persoas?

Cunha opinión pública totalmente a prol da intervención e da ofensiva imperialista contra Siria (cómpre recordar que o principal trust das comunicacións no Estado, o Grupo PRISA, ten importantes participacións Norteamericanas), cunha maioría das forzas políticas pulando polas forzas terroristas de financiación occidental, só queda conseguir que a clase obreira dos territorios das metrópoles se posicione contra os intereses dos seus irmáns de clase en Siria. Queda así a vía libre para o reparto do mundo e dos seus recursos entre as potencias imperialistas e os grupos financieiros que integran as principais potencias da OTAN e UE, como non, baixo as directrices dos EEUU neste mundo unipolar que cada vez se difumina máis.

Hai aproximadamente 500.000 mortos que se suman aos  50.000 da Guerra de Libia, que rematou pouco despois do inicio da Guerra Civil Siria cando aínda non se lle chamaba como tal. Aínda non conviña falar dun bando anti-gubernamental armado, había que sensibilizar máis á xente cunha realidade fabricada na que un goberno masacraba a pobres activistas para que así ninguén dixera nada ante as masacres cometidas, que deixan millóns de feridas e 10 millóns de desprazadas.

Desprazadas, que ao contrario do se fai en Europa (empregalos como man de obra barata, expulsalos do país, levantar muros, empurralos a prostituírse e vivir na marxinalidade…) debido ao auxe da ultradereita pola repulsa da esquerda a criticar aos organismos imperialistas, son acollidos maioritariamente en países dun tamaño moi reducido como son Xordania e o Líbano. Este último, aliado do Goberno de Al-Assad, acolleu a máis de 1,2 millóns de desprazados, algo que de por si non parece unha cifra tan grande se non temos en conta que a poboación do país é de 4 millóns.

Dito isto, atopámonos pois na seguinte situación:

O Exército Libre Sirio, Al Nusra e máis os seus aliados internacionales (EEUU, Alemaña, Israel, Francia, Reino Unido, Turquía, Qatar e Arabia Saudita) moi debilitados ao sur de Damasco, a Capital do país. E perdendo a día de hoxe a cidade máis grande de Siria, Aleppo, xa en mans do Presidente Al-Assad, apoiado polo Partido Comunista Sirio, o DHKP-C Turco, Palestina Hezbollah, Rusia, e Irán con axuda directa, con axuda armamentística de Irak e Corea do Norte e o respaldo con avituallamento e axuda médica de Cuba, China, Venezuela, Bielorrusia, etc.

Isto deixa ao Exercito Libre Sirio e Al-Nusra sen grandes cidades e limitados prácticamente a un área situada entre o Mediterráneo e a Cidade de Aleppo.

Por outro lado atópanse os Kurdos, en loita contra o Exército Libre Sirio e Al Nusra no noroeste do país e no noreste contra o Estado Islámico.

O Estado Islámico, con bastións en Palmira e Raqqa no interior do país, e debilitado dende os bombardeos da aviación Rusa, que foi a primeira forza internacional en combatilo
s de xeito real e efectivo, xa que as forzas occidentais os utilizaban para cercar a Al-Assad dende o interior do país e só os combaten cando non poden controlar as súas accións, xa que atacan a todos os bandos existentes na guerra.

Con estes retrocesos xerais de todos os compoñentes da reacción, o Exército Sirio reforza as súas posicións e faise coa zona máis poboada e avanzada de Siria, o que supón a consolidación dun territorio amplo e ben comunicado, o debilitamento dos seus inimigos e a capacidade de mover unha gran cantidade de tropas inmovilizadas na Batalla de Aleppo, que durou case 5 anos posibilitando así atacar as últimas zonas en mans de Al-Nusra, o interior do país dominado polo Estado Islámico, e rematar du
nha vez coa Guerra Imperialista en Siria.

 

 

Jerónimo Couceiro.