Acto homenaxe a Moncho Reboiras no 39º cabodano da súa caída en combate

 

reboirascartelredes

 

Este ano, a FPG e a organización da mocidade Xeira, celebraremos un acto de lembranza e homenaxe dunha figura central da nosa historia recente e imprescindible para entender o momento histórico en que vivimos. Na súa persoa conflúen o mellor da loita de emancipación social das clases traballadoras coa necesaria reivindicación dos dereitos colectivos e a defensa cultural e identitaria do noso pobo, ambos piares basilares sobre os que se asenta democratización radical da nosa sociedade.

A través da lembranza de Moncho Reboiras queremos humildemente manter acesa a chama da súa memoria e traela ao presente para contrastar o compromiso do camarada de Imo, morto en Ferrol e vencellado estreitamente co barrio vigués de Teis, coas loitas sociais e nacionais que, como activistas e militantes, nos moven hoxe en día.

Comprácenos, polo tanto, convidarvos a compartir connosco a homenaxe que o vindeiro xoves 14 de agosto lle faremos na praza do Toural de Teis a Moncho Reboiras. Porque canda a Moncho Reboiras, en 2014, e canda a todas as persoas que deixaron o mellor da súa vida no combate contra o fascismo e por unha Galiza Ceibe, a loita continúa!