Abonda de xoguetes que alimentan os roles patriarcais!

Desde a nosa infancia, todas nós somos educadas nunha cultura alienante que se nutre do patriarcado, o cal oprime a muller, facéndose dona das súas forzas produtiva e reprodutiva. O papel reprodutor que recae sobre as mulleres por mera bioloxía será confundido coa maternidade e así aparecerá reflectido nos xoguetes: bebés bonecos que coidar, cociñas, pranchas e lavadoras para as nenas; balóns, armas de plástico e coches para os nenos. Estes xoguetes acentuarán a forma en que debe actuar cada sexo nesta sociedade patriarcal: agresividade e competitividade para os homes e docilidade, submisión e servizo para as mulleres. A cuestión dos xoguetes pode semellar inocente e intranscendente, mais a rapazada reproduce os roles que destes aprenden. Ante isto, debemos ter claro o importante papel da educación para derribar o patriarcado e sermos conscientes de como estes xoguetes acentúan esta situación dun xeito explícito.

Ademais, mais alá disto, non podemos esquecernos do Nadal como ferramenta que estimula o consumo relegado aos intereses dunha clase que, nestas datas, oprime especialmente as obreiras: incompre os seus horarios, a forza de traballo destas chega a non ser remunerada e son contratadas baixo un precario contrato temporal, no caso de este existir.

Abonda de xoguetes que alimentan os roles patriarcais!

cartel1