Abonda de alimentar a cultura patriarcal

cartel1

O patriarcado está presente na nosa vida dende o momento do noso nacemento, un claro exemplo é o nadal, durante o cal cales as/os máis pequenas/os do fogar adoitan recibir agasallos dalgún ser imaxinario que non é máis ca unha ferramenta do capitalismo para estimular o consumo. A cuestión dos xoguetes pode semellar inocente e intrascendente, mais a rapazada reproduce os roles que destes aprenden. Os casos máis evidentes; os das nenas serán cociñas, planchas e lavadoras de xoguete, bonecos… xoguetes sempre relacionados coa esfera doméstica e o rol que deberá ocupar a muller na sociedade patriarcal.

Pola contra, os nenos recibirán coches, balóns, armas de plástico e calquera tipo de xoguete que “reforce” a súa virilidade, o liderazgo e a independencia, cuestións relacionadas co poder político.

O capitalismo alimenta un consumo innecesario que a cultura reproduce en agasallos de xoguetes que educan nas diferenzas de xénero creadas artificialmente.

Abonda de xogar coa educación das nenas e nenos.

Abonda de alimentar a reprodución dos roles patriarcais!