Á conquista da dignidade coa Columna Xuvenil dos Pobos!

Nós, dende Xeira, como ferramenta da mocidade comunista e arredista galega apoiamos publicamente o chamado “Columna Xuvenil dos Pobos/Columna Juvenil de los Pueblos” e facemos un chamamento ao conxunto de organizacións políticas, sociais, culturais e sindicais e aquelas persoas a título individual, que se enmarquen dentro de parámetros revolucionarios e a prol dos procesos de liberación nacional.
Forxemos entre todas un bloque dotado dun contido político claro contra o capitalismo, o patriarcado e o colonialismo.
Así mesmo, traballaremos man a man con quen estea disposto a darlle continuidade temporal á mobilización popular fóra de ritos de efemérides e de citas electorais.

Vivan os pobos ceibes e socialistas!

 

tititi